VITICULTURA SOSTENIBLE
A sostenibilidade na viticultura e mais a xestión da reputación das empresas protagonizaron as formacións de AEVA dentro do programa AEVAEmprégate que neste 2022 chega á súa cuarta edición co apoio da Deputación de Ourense. Por unha banda, o sábado 26 de novembro celébrase unha formación destinada ao sector vitivinícola que leva por título Cara unha viticultura sostible e ecolóxica.

A sesión estivo coordinada por José Ramón Lissarrague, enxeñeiro, profesor universitario e consultor, implicado en múltiples proxectos de investigación para a mellora da calidade, competitividade e sostenibilidade do viñedo. Lissarrague estivo acompañado na xornada de Ángel García Bamala, tamén enxeñeiro e investigador do mundo vitivinícola. Celebrouse de mañá, en horario de 9 a 14.30 horas no Pazo do Castro, no Barco de Valdeorras. Asistiron máis de vinte persoas do sector vitivinícola de Valdeorras.
REPUTACIÓN ONLINE E XESTIÓN DE QUEIXAS
O outro curso programado para este mes estaba pensado para calquer empresa, epro especialmente para comercio e hostalería polo seu trato directo coa clientela, e tamén tivo moito éxito de público, con preto de vinte asistentes.
Impartido por Emilio Cuíñas Otero, especialista en márketing, o título do curso era Xestión de reclamacións, queixas e suxerencias. Reputación online e offline e estaba orientado a mellorar as ferramentas de comunicación cos clientes, tanto de forma directa como online. Foron seis horas de formación repartidas en dúas xornadas os días 28 e 29 de novembro de 16 a 19 horas na Academia CIX, no Barco de Valdeorras.
