O sábado 26 de novembro celébrase unha formación destinada ao sector vitivinícola que leva por título Cara unha viticultura sostible e ecolóxica. A sesión está coordinada por José Ramón Lissarrague, enxeñeiro, profesor universitario e consultor, implicado en múltiples proxectos de investigación para a mellora da calidade, competitividade e sostenibilidade do viñedo. Lissarrague estará acompañado na xornada de Pedro Junquera e Ángel García Bamala, tamén enxeñeiros e investigadores do mundo vitivinícola. Este curso celébrase pola mañá, en horario de 9 a 14.30 horas en O Pazo do Castro, no Barco de Valdeorras.
DATA E HORA
Sábado 26 de novembro. De 9 a 14.30 horas
LUGAR
Pazo do Castro, Salón Laranxa. Vila do Castro, O Barco de Valdeorras
RELATORES
Membros do equipo técnico da consultora Gestión Integral de Viticultura (GIVITI)
- José Ramón Lissarrague: Doutor enxeñeiro agrónomo, profesor e consultor de Viticultura. Director do Máster de Viticultura e Enoloxía e responsable do Grupo de Investigación en Viticultura na Universidade Politécnica en Madrid.
- Pedro Junquera González: Doutor enxeñeiro agrónomo e Máster en Viticultura e Enoloxía. Profesor de Viticultura no Máster en Viticultura e Enoloxía da Universidade Politécnica de Madrid.
- Ángel García Bamala: Enxeñeiro agrónomo e membro do Departamento de Viticultura do Instituto Tecnolóxico Agrario de Castilla-León (ITACyL), centrado especialmente en proxectos de investigación vitícola.
DESTINATARIOS
Persoas vinculadas coa actividade vitivinícola.
PROGRAMA
- 08:50 – Recepción de asistentes e presentación da xornada.
- 09:00 – Viticultura sostible: indicadores.
- 10:00 – Viticultura ecolóxica: obxectivos, esixencias e normativa.
- 11:00 – Pausa café.
- 11:30 – Manexo do solo en Viticultura Ecolóxica.
- 12:30 – Nutrición e fertilización en Viticultura Ecolóxica.
- 13:30 – Control de alteracións parasitarias en Viticultura Ecolóxica
- 14:30 – Clausura da xornada