A Asociación Empresarial de Valdeorras pon en marcha a que xa é a quinta edición de AevaEmprégate, o programa de formación e promoción empresarial que desenvolve co apoio da Deputación de Ourense. Neste 2023 a primeira das actividades é unha xornada sobre IRPF que imparte Miguel Ángel Garrido, administrador da Axencia Estatal de Administración Tributaria no Barco, e que se celebrará o mércores 29 de marzo de 16 a 18 horas no salón de actos do Edificio Multiusos do Barco de Valdeorras.
Con esta xornada o colectivo empresarial valdeorrés quere ofrecer aos seus asociados a información relevante sobre a que será a campaña da renda de 2022, no que se refire a novidades normativas, asistencia, renda web, datos fiscais (axudas, bono cultural, intereses de demora) e APP. No evento abordarase a modificación da dedución por maternidade vixente hasta 2022, pendente de publicación no BOE, e que tamén vai afectar á esta campaña 2022.
A xornada, aínda que ideada para os asociados de AEVA, está aberta á participación de calquera persoa interesada previo abono dunha cota de inscrición de 20€. Dende a asociación tamén se anima aos empresarios e autónomos valdeorreses a que se sumen a AEVA, cunha cuota que parte dos 100€ anuais. A inscripción, tanto no curso como en AEVA, farase dende o formulario dispoñible na web empresariosdevaldeorras.com

DATA E HORA
Mércores 29 de marzo. De 16 a 18 horas
LUGAR
Salón de Actos Edificio Multiusos, O Barco de Valdeorras
RELATOR
Miguel Ángel Garrido Gómez, administrador da Axencia Estatal de Administración Tributaria no Barco.
DESTINATARIOS
Empresarios, traballadores e todas as persoas interesadas.
CONTIDOS
A campaña da Renda de 2022 é considerada a de maiores cambios dos últimos anos. Nesta xornada analizaranse as novidades normativas, asistencia, renda web, datos fiscais (axudas, bono cultural, intereses de demora) e APP. Tamén a modificación da dedución por maternidade vixente ata 2022 e pendente de publicación no BOE.
INSCRICIÓN
A inscripción formalizarase a traveso do FORMULARIO
CUOTA DE INSCRIPCIÓN
A inscrición na Xornada é gratuita para os socios e socias de AEVA.
Aqueles que non formen parte de empresas asociadas deberán aboar unha COTA de INSCRICIÓN de 20€ por persoa, mediante ingreso na conta bancaria: ES83 0081 0507 5100 0123 3931 e enviar o xustificante de pago a: aeva@empresariosdevaldeorras.com.
Todas as inscricións serán confirmadas mediante un aviso por correo electrónico enviado por AEVA trala recepción do formulario cuberto.