O Barco de Valdeorras, 4 de outubro de 2022_ O salón de actos do Edificio Multiusos de O Barco acolleu na tarde deste martes a xornada informativa de "Cuestións prácticas sobre a reforma laboral e o teletraballo". Esta iniciativa, na que colaboran a Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) e a Confederación Empresarial de Ourense (CEO), tiña a finalidade de aclarar os aspectos máis relevantes da nova legalidade laboral así como o novo marco que rodea o teletraballo.

A xornada foi inaugurada tanto pola presidenta de AEVA, Araceli Fernández del Palacio, como pola presidenta da CEO, Marisol Novoa Rodríguez. Ámbalas dúas destacaron a importancia do coñecemento desta nova normativa para as empresas do rural.
O acto, que contou con casi unha treintena de asistentes, foi impartido por Catarina Capeáns Amenedo y Pablo Guntiñas Fernández, especialistas en materia laboral en Vento Abogado & Asesores. No transcurso da tarde foron analizados os novos modelos de contratos temporais, a contratación indefinida, a subcontratación, os acordos de teletraballo ou os convenios colectivos, entre outros.
A reunión rematou cun debate final moi enriquecedor no que has empresas poideron expoñer as súas inquietudes en materia laboral e resolver así as súas dúbidas.