A Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) organiza, en colaboración co Concello de A Rúa, a sétima edición da campaña "DESCONTOS NA RÚA", co fin de ofrecer aos clientes descontos especiais en mercadoría de tempada. Baixo o lema de Descontos na Rúa, este venres día 10 de xuño inténtase premiar a fidelidade da clientela e ofertar un avance das próximas rebaixas de verán.

Os establecementos participantes na campaña pertencen a diferentes sectores: Arvaneca Comunicación, do sector da telefonía e telecomunicacións; Fíos e Confecciones Rosendo, representando ao sector textil; Agrival, unha floraría ruesa; Deportes Aris e Mercería Raquel, comercios especializados en complementos.
Os clientes que fagan compras durante a xornada do venres poderán optar a un vale de compra para gastar na mesma tenda que entrega o premio. Para iso, deberán deixar o ticket de compra no propio establecemento co nome e teléfono de contacto.
Máis información: