O vindeiro venres 3 de febreiro, a Casa Grande de Viloira acollerá o Programa Networking Galicia Empresa 2023, que contará coa asistencia de Francisco Conde, Vicepresidente 1º e Conselleiro de Economía, Industria e Innovación; Pablo Fernández Vila, director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais; e Pablo Casal, secretario xeral técnico.
Nesta sesión levarase a cabo unha explicación promenorizada das axudas para ás pemes que saíran nos próximos días como é o caso da convocatoria de economía circular ou o apoio á dixitalización. Tamén presentarán a Oficina Galicia Empresa que ten por finalidade de impulsar, axudar e acompañar as empresas e emprendedores galegos no seu proceso de expansión.
Fará a súa intervención no acto Araceli Fernández del Palacio, presidenta da Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) así como Luis Enríquez Núñez, de Hestia Stoves & Bioetanol, que relatarán as súas experiencias empresariais.
Celebrarase o próximo venres 3 de febreiro, ás 09:30 horas na Casa Grande de Viloira (O Barco de Valdeorras).
Para confirmar a asistencia, será necesario inscribirse a través do formulario de inscrición ou no correo electrónico aeva@empresariosdevaldeorras.com
📝 Descarga o programa do Networking Galicia Empresa 2023
