Paisaxe e natureza pechan o curso Recomenda Valdeorras

domingo, 21 de mayo de 2023

Participaron máis de trinta persoas de adegas, comercios e empresas gastronómicas

 

 

O Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra, en Rubiá, e a ruta da Cántara da Moura, na Veiga, foron os destinos escollidos polos formadores de Recomenda Valdeorras, Luís Carrón e Soledad Figueroa, para pechar esta innovadora actividade que se ven celebrando dende o pasado 16 de abril. Foron en total catro rutas realizadas en dez datas diferentes e dedicadas ao patrimonio medival, o enoturismo, a romanización e por último, a natureza.

A última das rutas celebrouse este sábado 20 de maio pola tarde, poñendo o broche a unha actividade que serviou non só para formar aos profesionais nos valores turísticos da comarca, se non para establecer sinerxias entre negocios, poñendo en contacto aos seus responsables nun contexto distendido e que implicaba convivencia e desfrute do entorno.

En total, participaron máis de trinta de persoas, moitas delas de empresas asociadas a AEVA como a tenda de viños e enoloxía Cecilia Fernández, Ferretería Moncho, Modas Can Can, Adega da Pinguela, Casabella Modas, Adega Alán de Val, Apicultura O Marquesado, Acoval, Modas Toño, Librería Murciego, etcétera. Todas elas recibirán un distintivo de Recomendadores de Valdeorras que poderán colocar nos negocios e estarán convidados á presentación do balance da actividade que se realizará na última semana de maio para refrozar os vínculos e planificar novas iniciativas que podan ampliar esta primeira formación.


Comparte la Noticia


Información sobre Cookies

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para recopilar información que ayude a optimizar su navegación web. No se utilizan cookies para recoger información de carácter personal. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información o conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de Cookies.