O presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Juan Manuel Vieites, reivindicou a posta en valor dos recursos mineiros de Galicia de forma "sustentable". Fíxoo na súa visita institucional á comarca de Valdeorras onde aludiu á capacidade de "tracción" que o sector exerce sobre outros estratéxicos.

O presidente da CEG, Juan Manuel Vieites, nunha visita á comarca de Valdeorras | Fonte: CEG.
"A realidade actual fainos moito máis conscientes da necesidade de identificar materias primas e especialmente recursos minerais estratéxicos que contribúan ao crecemento e desenvolvemento da nosa industria presente e futura". Para iso, dixo, débense pór en marcha "medidas que garantan unha subministración estable e a prezos razoables".
"Por suposto, todo iso sen perder de vista os ambiciosos obxectivos de neutralidade climática subscritos polos Estados membros da Unión Europea", lembrou.
Enlace: O presidente da CEG apela a pór en valor os recursos mineiros de Galicia de forma "sustentable" (galiciaconfidencial.com)