Deficientes servizos de telefonía e internet no polígono da Raña, noutros puntos do Barco e na comarca de Quiroga

jueves, 12 de mayo de 2022

A Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) vén de facer público, a través dunha nota de prensa, o malestar deste colectivo empresarial polos “deficientes servizos de telefonía e internet que presta a compañía Movistar, e que afectan tanto ás empresas instaladas no Polígono Industrial da Raña, no Barco como ás situadas fose do centro urbano e ata a comarca de Quiroga, sede dalgunhas industrias do sector lousa”.

Esta entidade empresarial, que preside Araceli Fernández, asegura que “inicialmente os cortes de subministración producíanse puntualmente e, habitualmente, solucionábanse con certa présa; pero xa no mes de setembro de 2021 houbo unha caída da liña de telefonía e internet de case catro días consecutivos, coas consecuentes perdas para os negocios afectados, tanto no que respecta a as vendas, como á atención aos clientes e, en definitiva, á imposibilidade de manter o ritmo de traballo normal das compañías. Pola súa banda, a compañía Movistar tratou de compensar os prexuízos con ínfimas rebaixas nas facturas daquelas empresas que formalizaron as correspondentes denuncias”.

Segundo indica AEVA no seu comunicado, “de novo o pasado día 4 de maio houbo un corte na subministración de telefonía e Internet durante toda a xornada, motivo polo que queremos denunciar publicamente esta situación, facendo fincapé na indefensión á que nos vemos abocados, non só pola falta de solucións por parte da compañía subministradora, senón porque tampouco as administracións públicas teñen competencia para intervir”.

Por todo iso, engade o colectivo empresarial, “queremos deixar constancia da denuncia de AEVA e da Asociación de Empresarios do Polígono da Raña para que, dunha vez por todas, a comarca de Valdeorras e o sector empresarial localizado no territorio afectado poida gozar de servizos que está a custear e que resultan imprescindibles para o exercicio da súa actividade”.

Ler a noticia completa da noticia do periódico O Sil


Comparte la Noticia


Información sobre Cookies

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para recopilar información que ayude a optimizar su navegación web. No se utilizan cookies para recoger información de carácter personal. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información o conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de Cookies.