AEVA COLABORA NA PROMOCIÓN DA XXIV FEIRA DO VIÑO DE VALDEORRAS

jueves, 22 de junio de 2023

AEVA colabora na promoción da Feira do Viño de Valdeorras co sorteo de packs consistentes nunha copa oficial do evento e catro degustacións de viño.

Os clientes que consuman viño da DO de Valdeorras nos establecementos de hostalaría participantes – ASADOR VILOIRA - BAJO 5- BAR GALICIA (A Rúa) - BAR JARDÍN - CAFÉ BAR ANJ3L - CAFÉ BAR LISBOA – CAFÉ BAR ZIGZAG - CAFETERÍA FERNANDO III- EL MURO DEL MALECON - PANADERÍA SANTIGOSO – PAZO DO CASTRO -VEIRA SIL – terán ao seu dispor un boleto, que encherán cos seus datos, para entrar no sorteo de packs para consumir no recinto da feira que se celebrará na praza de Otero Pedraio en Viloira os días 08 e 09 de xullo.

Deste xeito, preténdese incentivar o consumo do viño da comarca, a hostalaría e ao mesmo tempo colaborar na promoción da XXIV edición da feira do viño en Valdeorras.

A promoción desenvolverase dende o venres día 23 de xuño ata o xoves día 6 de xullo, celebrándose o sorteo o venres día 7 de xullo, data na que se contactará cos agraciados.


Comparte la Noticia


Información sobre Cookies

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para recopilar información que ayude a optimizar su navegación web. No se utilizan cookies para recoger información de carácter personal. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información o conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de Cookies.