Impulso da Deputación para novos proxectos en Valdeorras de promoción do turismo, a cultura e a gastronomía.

jueves, 26 de mayo de 2022

Foto: Carlos G. Hervella do periódico O Sil

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse esta mañá no Barco de Valdeorras coa directiva da Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA), na que ademais de repasar as liñas de cooperación abertas desde hai anos entre a institución provincial e o colectivo de empresarios tamén ampliaron o campo de colaboración, co compromiso de Manuel Baltar para apoiar novos proxectos en materia de turismo, cultura e gastronomía. Na visita á sede de AEVA, o presidente provincial estivo acompañado pola presidenta da asociación, Araceli Fernández, e membros da directiva entre os que se atopaban María del Carmen Rodríguez, Pilar Pérez, así como a xerente da entidade, Luisa López.

Manuel Baltar, que agradeceu a invitación a visitar a sede empresarial, cualificou á asociación como “todo un referente para unha comarca que ten un peso na provincia que ninguén pode discutir”, de aí o apoio que presta a Deputación, ben directamente ou a través do Inorde, “a unha entidade que se converte no vehículo máis importante que ten a comarca para chegar a calquera punto deste territorio”.

Nesta liña, o presidente provincial anunciou que na modificación de créditos que se presentará no pleno do 30 de setembro, “e no que aprobaremos antes que ninguén en Europa os orzamentos de 2023”, incluírase unha partida de 50.000 euros (para a anualidade do 2022 e outros tantos para ao do ano 2023) para gastos de funcionamento da entidade e a execución de proxectos, que máis aló dos ámbitos económico, de formación ou inserción laboral, “ampliarase tamén a cuestións turísticas ou relacionadas coa cultura”.

Vía de comunicación coas administracións

Araceli Fernández expresou en nome da asociación o agradecemento pola visita de Manuel Baltar, un xesto que “define a sensibilidade da Deputación á hora de identificarse coas asociacións, que realmente cumprimos coa función de facer de vía de comunicación coas administracións”. Para a presidenta de AEVA, ademais das áreas de cooperación xa consolidadas, os novos proxectos constitúen unha oportunidade para poñer en marcha iniciativas “que nos interesan a todos na comarca”.

Manuel Baltar e Araceli Fernández abordaron na reunión desta mañá tres novas liñas de traballo. A primeira suporá concentrar todos os recursos turísticos de Valdeorras e dalos a coñecer non só entre os visitantes, senón tamén entre a propia veciñanza da comarca para que colaboren na súa promoción. Unha idea que se plasmaría nun mapa dixital, no que a Deputación xa está traballando, e no que AEVA se coordinará coa entidade provincial. A segunda área de cooperación refírese á cultura, estudando o potencial de Valdeorras no sector das producións audiovisuais, así como a arte ou a arqueoloxía. Un terceiro proxecto, denominado “maridanza”. Buscamos “unir o enoturismo coa restauración e que se esta se implique e una os seus pratos cos viños da comarca. O fundamental xa non é só a comida senón a harmonía dos viños coa gastronomía”, matizaba Fernández del Palacio.

Información ampliada no periódico O Sil

Comparte la Noticia

Información sobre Cookies

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para recopilar información que ayude a optimizar su navegación web. No se utilizan cookies para recoger información de carácter personal. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información o conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de Cookies.