
O II Concurso de Maridanzas organiza por AEVA para esta ponte de decemebro tivo unha parada moi especial o sábado 1 de decembro, no que a Praza de Abastos do Barco e os produtos de proximidade foron os protagnistas co GASTROMÍMATE NO MERCADO. A actividade comezou cunha visita aos postos do mercado na compaña da nutricionaista Ana Isabel Fernández, quen ofreceu algunhas claves de consumo de productos de tempada: alternar hortalizas segundo estean dispoñibles, como non usar tomates fóra de tempada e cambiar a salsas a pratos ou outras alternativas. Tamén recomendou botar romero, un antioxidante natural, para que o aceite de oliva non se degrade tanto ao fritir.
CATA DE ESPUMANTE E RECEITAS CASEIRAS
Trala charla nutricional, chegou o momento da cata dirixida pola sumiller Mercedes González, quen destacou o potencial da uva godello para os espumantes recomendando o seu consumo como aperitivo máis que como postre, xa que abre o apetito e refresca o padal. E así, cun Brinde de Roandi na copa, abriuse o turno do concurso de receitas caseiras na que houbo dúas participanets destacadas, Mari Carmen Pacio e Cándida Barbosa. Ambas achegáronse ao mercado con varios pratos que foron degustados polos asistentes que puideon votar ao seu favorito.
O prato caseiro gañador foi un doce de conchos tradicional da Serra da Lastra feito por Mari Carmen Pacio, quen gañou un lote de produtos gourmet de Valdeorras. Cándida Barbosa quedou finalista cun cordeiro guisado con castañas que comod estacou, era todo da súa horta, incluso o cordeiro.
