Gastromímate no mercado

Xornada de nutrición e cata de pratos caseiros

 

 

Gastromímate no mercado, que decorrerá o día 10 na praza de abastos do Barco de Valdeorras. Entre as 10.30 e as 12 horas, as persoas participantes poderán descubrir unha nova cara do mercado, da man da nutricionista e tecnóloga dos alimentos Ana Isabel Fernández Escuredo, quen afondará no valor do produto de tempada e Km 0 a través dun percorrido explicativo polos postos do recinto no que encher a cesta da compra de forma consciente. A sesión que inclúe, ademais da visita, unha cata de viños de Valdeorras e dalgúns alimentos de tempada, a cargo da sumiller Mercedes González Rodríguez.

A actividade pecharase cun concurso gastronómico, aberto a todas as persoas que queiran participar, que só teran que levar á praza de abastos algunha preparación elaborada con produtos de tempada da zona: chulas de cabaza, torta de castaña ou calquera outra preparación con alimentos de Valdeorras. 

A inscrición para a sesión no mercado e o concurso de cociña amateur, de balde e aberta ata o día 9 de decembro, pode facerse con este FORMULARIO

As prazas están limitadas a 24 participantes.

Información sobre Cookies

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para recopilar información que ayude a optimizar su navegación web. No se utilizan cookies para recoger información de carácter personal. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información o conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de Cookies.