
Xunto cos eventos gastronómicos, AEVA programa para a mañá do día 3 de decembro unha actividade destinada a dar a coñecer os vestixios da Vía Nova ou Vía XVIII do Imperio Romano na súa entrada a Valdeorras, na Srra da lastra, municipio de Rubiá. O percorrido estará guiado polo arqueólogo Santiago Ferrer, quen achegará ao público os datos máis relevantes do seu contexto histórico, e mais o biolólogo Miguel Conde. A andaina remata en Biobra, no Centro de Interpretación do Parque Natural Serra da Enciña da Lastra, onde gozaremos dunha experiencia gastronómica que incluirá unha cata de viños de Rubiá e produtos locais relacionados coas pegada da romanización en Valdeorras. Esta degustación estará conducida pola enóloga valdeorresa Cecilia Fernández.
ACTUALIZACIÓN 30 DE NOVEMBRO As prazas para a andaina xa están cubertas. Grazas polo interese!
DESCRIPCIÓN DA RUTA
DATA
Sábado 3 de decembro entre as 9 e as 14 horas
DESCRIPCIÓN DA ACTIVIDADE
Pola mañá un autobús recollerá aos participantes en catro puntos da comarca. A andaina comeza no Robledo da Lastra onde visitaremos restos da Vía Nova na zona onde hai uns anos se realizou unha cata arqueolóxica. Dende alí continuaremos camiñando ata Biobra, seguindo unha ruta marcada polo Parque Natural Serra da Enciña da Lastra.
É un percorrido estimado de 9 quilómetros, de dificultade baixa, cun desnivel positivo acumulado de 300 metros. A maior parte do camiño transcorre a media ladeira, entre monte baixo, piñeirais, soutos e enciñeiras. Durante o percorrido contaremos coas explicacións do arqueólogo valdeorrés Santiago Ferrer e do biólogo Miguel Conde, especialistas na zona que visitaremos.
A andaina remata en Biobra, no Centro de Interpretación do Parque Natural Serra da Enciña da Lastra, onde gozaremos dunha experiencia gastronómica que incluirá unha cata de viños de Rubiá e produtos locais preparados cun matiz historicista, para relacionalos coas pegadas da romanización en Valdeorras. Esta degustación estará conducida pola enóloga valdeorresa Cecilia Fernández.
En caso de climotoloxía moi adversa farase unha ruta alternativa no entorno do Robledo da Lastra e unha visita a diferentes puntos de interese no entorno da Vía Nova e do Parque Natural Serra da Enciña da Lastra, rematando igualmente coa experiencia gastronómica en Biobra, neste caso a cuberto.
RECOLLIDA DE PARTICIPANTES
O bus partirá ás 9.00 horas da Praza Doutor Quiroga de Petín parando sucesivamente nos seguintes puntos: Concello da Rúa (Rúa Progreso, 33), Concello do Barco (Praza de España, 1) e na Casa da Cultura de Rubiá (Rúa Vilafranca, 45).
PRAZAS E CUSTE
- Máximo 30 persoas
- A actividade é gratuíta pero coa inscripción solicitarase unha fianza de 5€ por participante que se devolverá o día da andaina ao presentarse ou no caso de non asistencia por causa de forza maior.
- Esa fianza debe de ingresarse nunha conta de AEVA que se facilitará ao confirmar a inscripción.
PARTICIPACIÓN E INSCRICIÓNS
Poderán participar menores de idade sempre que estean acompañados polo seu titor/a legal ou con alguén autorizado especificamente para elo. As persoas interesadas deberán cumplimentar o formulario no que se piden os seguintes datos:
- Nome e apelidos
- DNI
- Idade
- Teléfono
- Email
- Indicar alerxias ou intolerancias alimentarias:
A inscripción inclúe:
- Recollida en autobús ate o punto de partida no Robledo da Lastra e regreso ao final da actividade dende Biobra ata o punto de recollida
- Seguro individual para actividade no aire libre
- Experiencia gastronómica en Biobra
RECOMENDACIÓNS
A pesar de non ser unha actividade de alta dificultade recoméndase estar nunha condición física adecuada para camiñar esa distancia de 9 quilómetros que pode alongarse, a un ritmo baixo, durante tres horas. É indispensable levar roupa e calzado adecuado para camiñar ao aire libre en pista de terra e coa climatoloxía do mes de decembro. Recoméndase levar bastóns para camiñar, auga e algún aperitivo de aporte calórico para o camiño: froitos secos, chocolate…
DATOS PERSOAIS, RESERVAS E LIMITACIÓNS
Os datos facilitados polos participantes deberán ser veraces. A Asociación Empresarial de Valdeorras, queda eximida de calquera responsabilidade no suposto de existir algún erro nos datos facilitados. AEVA resérvase o dereito a aprazar a actividade ou modificar a ruta no caso de que o volume de asistentes sexa inferior a un mínimo que garanta a súa correcta celebración ou a climatoloxía non o permita.
PROTECCIÓN DE DATOS
De conformidade co RGPD (UE) 2016/679 informase que o responsable dos seus datos é AEVA, con domicilio en Praza do Concello, 1, 32300 O Barco de Valdeorras, Ourense. A finalidade do uso dos datos é a celebración da actividade Andaina pola Vía Nova. A lexitimación do uso dos seus datos, incluido os datos médicos respecto á dieta, está baseada no consentimento do interesado/a. Non se cederán datos a terceiros, agás obriga legal. Pode acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como outros dereitos, como se especifica na información adicional que pode consultar en www.empresariosdevaldeorras.com/aeva/aviso-legal/
PROPIEDADE INTELECTUAL E CESIÓN DE IMAXE
Os participantes consenten de forma expresa a que a súa imaxe estea nas comunicacións de celebración da actividade que s efarán en redes sociais e notas de prensa. No caso de non querer aparecer nas imaxes deberá indicalo expresamente a membros da organización antes do incio da actividade. A aceptación implica a cesión a AEVA dos dereitos de explotación de natureza intelectual, industrial e/ou de imaxe que puideran corresponderlle de forma indefinida e sen dereito de remuneración ou beneficio algún.