Esta guía é o resultado dunha formación promovida por AEVA para fomentar o coñecemento dos recursos turísticos da comarca por parte de profesionais de diferentes sectores que traballan de cara ao público.
Comerciantes, hostaleiros, adegas... sumáronse a unha iniciativa coordinada polos guías turísticos oficiais Soledad Figueroa e Luís Carrón. O resultado é unha rede de RECOMENDADORES identificados cun distintivo nos seus negocios coa marca «AQUÍ RECOMENDA VALDEORRAS».
![](/Content/img/imagen.ashx?tipo=pagina-item&idP=c4305caf-6d7e-4e34-bed1-4aafba124df0&id=ed2f16d7-4ee5-4048-beba-48d35c0a37e7)
MAPA
No seguinte mapa, creado como unha LISTA DE GOOGLE MAPS, poden localizarse os puntos recomendados. Facilitamos así a visita por tema, proximidade ou simple exercicio de descuberta da comarca. Está pensado para consultar dende o móbil.
![](/Content/img/imagen.ashx?tipo=pagina-item&idP=c4305caf-6d7e-4e34-bed1-4aafba124df0&id=8f67add9-fb23-46fc-8c54-3bf512fd0353)
GUÍA
Esta GUÍA de recursos turísticos de Valdeorras, empregada durante a formación, está dividade en 4 rutas: FE E FEUDALISMO, IN VINO VERITAS, O OURO DE ROMA e HAI OUTRA GALIZA. Tamén inclúe recomendacións de cada un dos nove concellos que integran a comarca.
![](/Content/img/imagen.ashx?tipo=pagina-item&idP=c4305caf-6d7e-4e34-bed1-4aafba124df0&id=d8992606-34bc-4607-8632-bbeea5c7f1e9)
NEGOCIOS
Neste MAPA DE PROPOSTAS TURÍSTICAS poderás atopar o contacto de empresas de turismo activo, enoturismo, restaurantes, hoteis, tendas de viño, embutidos, etcétera. Para que non te vaias sen desfrutar da comarca e ademais, podas levala posta.
![](/Content/img/imagen.ashx?tipo=pagina-item&idP=c4305caf-6d7e-4e34-bed1-4aafba124df0&id=9dbc26c0-f47e-46be-a4b1-81908f204843)
OUTROS ENLACES
PROGRAMA COMPLETO da formación
QUEDA EN VALDEORRAS, web de turismo promovida polo Concello do Barco
GUÍA TURÍSTICA DE VALDEORRAS GALEGO / CASTELÁN