O próximo mércores 20 de xullo, a Casa Grande de Viloira acollerá o Programa Networking Galicia Empresa 2022, que contará coa asistencia de Francisco Conde, Vicepresidente 1º e Conselleiro de Economía, Industria e Innovación e con Fernando Guldrís, director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape). Nesta sesión levarase a cabo unha explicación promenorizada das axudas ás pemes que saíran nos próximos días como é o caso da convocatoria de economía circular ou o apoio á dixitalización. Tamén presentarán a Oficina Galicia Empresa
Fará a súa intervención no acto Araceli Fernández del Palacio, presidenta da Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) así como varias empresas que relatarán as súas experiencias empresariais.
Celebrarase o próximo mércores 20 de xullo, ás 09:00 horas na Casa Grande de Viloira (O Barco de Valdeorras).
Para confirmar a asistencia, será necesario comunicalo a través do correo electrónico comunicacion@igape.es
📝 Descargar o programa do Networking Galicia Empresa 2022


