I Foto Think Tank en Valdeorras

martes, 27 de septiembre de 2022

Esta xornada que analizará os retos empresariais celebrarase o vindeiro xoves 29 de setembro en horario de mañá

Desde a Confederación de Empresarios de Ourense (CEO), xunto co Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e a Axencia Galega de Innoación (GAIN), en colaboración con AEVA, promove e organiza o I FORO THINK TANK VALDEORRAS, un espazo para mostrar as ideas e prácticas máis inspiradoras e actuais de dinamización no medio rural.

A fin do mesmo é divulgar experiencias empresariais reais enriquecedoras que teñan que ver cos novos retos aos que se enfronta o rural como son a economía circular, a dixitalización ou a innovación. Se formas parte deste sector empresarial ou traballas para dinamizar o rural desde entidades públicas ou privadas animámoste a acudir a este foro e podas coñecer de primeira man as experiencias e prácticas que empresas do rural están levando a cabo para adaptarse aos tempos

A xornada contará coa asistencia de Fernando Guldrís, director del Igape e Patricia Argerey, directora de Gain, así como con Cristina Martínez, consultora senior en estratexia competitiva; Jorge Domínguez, experto en ecoloxía do solo e catedrático da Universidade de Vigo; Francisco Plaza, enxeñeiro especializado en organización industrial; José M. Suárez, especialista en emprendemento, innovación e estratexia comercial e marketing e Jara Pascual, asesora da Comisión Europea na creación de novas políticas de innovación.. 

Este foro terá lugar este xoves, 29 de setembro, no Pazo do Castro (Barco de Valdeorras) a partir das 10:00 horas.

Para asistir ao evento, poderás inscribirte neste enlace ou pulsando nas imaxes do programa.

📃 Descargar o programa


Comparte la Noticia


Información sobre Cookies

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para recopilar información que ayude a optimizar su navegación web. No se utilizan cookies para recoger información de carácter personal. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información o conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de Cookies.