Gastromímate, viños e produtos de outono

II Concurso de maridanza

 

 

Nesta ponte de decembro, AEVA organiza o II Concurso de Maridanza GASTROMÍMATE, UNHA PONTE DE SABORES, na que os establecementos de hostalaría ofrecen a maridaxe dun prato elaborado con produtos de outono cun viño da DO Valdeorras. O concurso desenvólvese entre os días 5 e 11 de decembro. Nos locais participantes ofrecerán a súa fusión de viños tintos ou brancos cunha proposta natura elaborada para a ocasión a modo de prato, ración ou brunch, doce ou salgado, con produtos de tempada e proximidade como setas, cabaza, castañas, noces ou mel. 

Os locais participantes están identificados no mapa e tamén cun indicativo no local. Dispoñen dunha urna para o voto do público entre os días 5 e 9 de decembro, incentivando a participación cun premio tamén para os clientes que degusten a maridanza e a voten e que consiste en tres tarxetas regalo ValdeCASH e un lote de viños da D.O. de Valdeorras. Tralo voto do público, o sábado día 10 un xurado profesional visitará os seis establecementos finalistas, aqueles con máis puntuación do público, para avaliar as maridanzas propostas e valorará o emprego de produtos gourmet de proximidade, como os queixos, embutidos, aceites  ou licores da comarca, ademais dos viños da Denominación de Orixe Valdeorras que integrar a proposta. O día 11 será a entrega de premios.

 

PARTICIPANTES

Estes son os locais que participan do concurso e nos que poderás atopar unha tarxeta co mapa para ir percorrendo todos e votando as túas maridanzas favoritas.

  1. BAR SAN ROQUE
  2. AGARIMO TAPERÍA
  3. TABERNA O BURACO
  4. CAFÉ TEATRO BAJO 5
  5. ALPHA RAÍCES
  6. CERVECERÍA 13/14
  7. EL MURO DEL MALECÓN
  8. FERNANDO III

   

 

MAPA

Aquí telos no mapa onde podes localizalos. Se estás co móbil segue este ENLACE

PROPOSTAS

BAR SAN ROQUE

  • Tenreira do San Roque: tenreira guisada á mencía con castañas. 
  • Maridado con Alán de Val, mencía
  • Prezo: 6€ ración e  copa de viño
  • Horario no que se serve o prato: desde as 20:00 ata fin de existencias

AGARIMO TAPERÍA

  • Ración Agarimo: zamburiñas con brocheta de cabaza
  • Maridado con  godello A Coroa 
  • Prezo: 6,50€ ración e copa de viño.
  • Horario no que se serve o prato: de 13:00 a 15:00 e de 19:30 a 21:30

O BURACO

  • Costela O Buraco: costela de porco ao viño tinto con puré de castaña e pataca e cabaza e verduras 
  • Maridado con: Loanza tinto crianza, de Adega A Bágoa
  • Prezo: 6,00 € ración e copa de viño
  • Horario no que se serve o prato: de 20:30 h a 23:00

CAFÉ TEATRO BAJO 5   

  • Petisco da Terra Valdeorresa: empanadillas caseiras con masa de níscalos e recheo de porco caramelizado con castañas. 
  • Maridado con Alán de Val Escada, garnacha tintoreira
  • Prezo: 7 € ración e copa de viño
  • Horario no que se serve o prato: de 19:00 a 21:00

ALPHA RAÍCES 

  • Risotto de faba loba: risotto empedrado con faba loba e botelo, coca de niscalo e vexetais da horta galega
  • Maridado con viño Bancales de Roandi, mencía, sousón e albarello criado en barrica.
  • Canelón de polo redbro: canelón fritido de polo redbro, cabaza, castaña e coliflor
  • Maridado con Brinde de Roandi, espumoso godello
  • Prezo: 7,50€ ración e copa de viño
  • Horario no que se serve o prato: de luns a venres de 20.30 a 23.00; fin de semana de 13.00 a 15.00 e de 20.30 a 23.00

CERVECERÍA 13/14

  • Crema de outono: crema de castaña con cogomelos, xamón e picatostes
  • Maridado con Casal Novo, mencía
  • Prezo: 6€ ración e copa de viño
  • Horario no que se serve o prato: 19:30 a  22:30

MURO DEL MALECÓN

  • Entrecosto outonal: Entrecosto de tenreira en salsa de cogomelos
  • Maridado con Alán de Val, mencía
  • Prezo: 6€ ración e copa de viño
  • Horario no que se serve o prato: de 19:30 a 22:30

CAFETERÍA FERNANDO III

  • Proposta mariñeira: ventresca de bacallao con froitos do mar e cogomelos
  • Maridado con Bancales de Roandi, mencía, sousón e albarello criado en barrica.
  • Prezo: 8 € ración  e copa de viño
  • Horario no que se serve o prato: de 12:30 a 14:00 e de 20:00 a 21:30

PREMIOS

CRITERIOS DE VALORACIÓN

  • Presentación
  • Emprego e aplicación do produto de tempada e proximidade
  • Emprego e aplicación de produtos gourmet de orixe valdeorrés 
  • Dificultade da elaboración
  • Gusto e aroma
  • Orixinalidade
  • Emprego das máximas e dos obxectivos propostos

PREMIOS PARA OS ESTABLECEMENTOS

Trofeo e diploma aos seguintes premios:

  • Mellor maridanza con viño branco da DO Valdeorras
  • Mellor maridanza con viño tinto da DO Valdeorras
  • Premio especial Xurado Popular

Entregarase un diploma de participación a tódolos establecementos participantes

PREMIOS PARA O PÚBLICO QUE VOTE

  • Un lote de viños da DO Valdeorras
  • 3 tarxetas regalo ValdeCASH.

ENTREGA DE PREMIOS

A entrega de premios terá lugar o domingo día 11 de decembro ás 12:30 horas no Barco e estará amenizada coa actuación dunha das mellores regueifeiras de Galicia, que tamén fará un percorrido polas rúas. O lugar da entrega comunicarase en tempo e forma aos finalistas e tamén se difundirá en prensa e redes sociais.

 

BASES CONCURSO DE MARIDANZA 'GASTROMÍMATE'

DATAS DE CELEBRACIÓN

  • Do 5 ao 11 de decembro: o público poderá degustar as propostas nos locais participantes.
  • Ata o 9 de decembro: votación do público mediante papeleta con valoración depositada en urna. Os votos irán identificados e cuñados polo local,  xa que entran nun sorteo dun lote de viño e tarxetas regalo Valdecash.
  • 10 de decembro: Un xurado profesional probará as 6 propostas con maior votación do público,  e concertará co local a hora de desgustación.
  • 11 de decembro ás 12.30 horas: A reguefeira Lupe Blanco será a anfitriona dun roteiro que rematará coa entregas dos premios no recibidor do Teatro Lauro Olmo do Barco.

CONDICIÓNS DAS PROPOSTAS

Os pratos que se elaboren deben incorporar algún produto de tempada de outono e de proximidade como castañas, setas, cabaza, noces, etc. Valorarase que inclúa ingredientes gourmet de orixe valdeorrés: mel, queixo, aceite, vinagre, mermelada, faba loba, etc. Os pratos poden elaborarse con técnicas clásicas ou innovadoras, poden ser doces ou salgados, en formato ración ou brunch, pero sempre debe de ser unha proposta vinculada a un viño da DO Valdeorras, branco ou tinto. 

PREZO DAS PROPOSTAS

Os establecementos decidirán o prezo da combinación a concurso que ten que incluír, obrigatoriamente, a copa do viño que se propoña como maridanza.

PARTICIPACIÓN E INSCRICIÓNS

Os establecementos interesados en participar deberán inscribirse ata o mércores 30 de novembroOs datos que deben de proporcionar son:

  • Nome do local
  • CIF
  • Dirección comercial
  • Horario de apertura
  • Nome do responsable / persoa de contacto
  • NIF
  • Teléfono
  • Email
  • Nome da proposta gastronómica
  • Descripción
  • Viño da DO Valdeorras co que o marida (variedade e marca)
  • Prezo da proposta

Os inscritos integrarán o listado de establecementos participantes, a campaña de difusión do concurso e recibirán un cartaz coa súa proposta de maridaxe, unha urna e boletos para as votacións do público.

VOTACIÓNS

  • Xurado popular: o público poderá votar nos establecementos trala proba da maridanza con boletos nos que deberán de incluir un nome e un teléfono de contacto para que se poda contabilizar o voto e para  participar  no concurso dos premios para o público. Estes votos, para ser válidos, deberán ter o cuño do local. O xurado popular pode votar ata o venres 9 de decembro.
  • Xurado profesional: o xurado profesional catará as propostas durante a xornada do sábado 10 de decembro, para o que acordará unha hora co local participante. O xurado profesional estará composto por representantes de prensa especializada, unha nutricionista, un representante do Consello Regulador da DO Valdeorras, unha experta en análise sensorial e un chef. Os establecementos coas maridanzas finalistas comprométense a preparalas para o xurado —en formato cata máis pequena— que pasará a probalos nunha hora acordada co local. O fallo do xurado profesional será inapelable e, se fora o caso, poderá deixar deserto algún dos premios, e adoptar as decisións oportunas para garantir o bo desenvolvemento do concurso.

CRITERIOS DE VALORACIÓN

  • Presentación
  • Emprego e aplicación do produto de tempada e proximidade
  • Emprego e aplicación de produtos gourmet de orixe valdeorrés 
  • Dificultade da elaboración
  • Gusto e aroma
  • Orixinalidade
  • Emprego das máximas e dos obxectivos propostos

PREMIOS PARA OS ESTABLECEMENTOS

Trofeo e diploma aos seguintes premios:

  • Mellor maridanza con viño branco da DO Valdeorras
  • Mellor maridanza con viño tinto da DO Valdeorras
  • Premio especial Xurado Popular

Entregarase un diploma de participación a tódolos establecementos participantes

PREMIOS PARA O PÚBLICO QUE VOTE

  • Un lote de viños da DO Valdeorras
  • 3 tarxetas regalo ValdeCASH.

ENTREGA DE PREMIOS

A entrega de premios terá lugar o domingo día 11 de decembro ás 12:30 horas no Barco e estará amenizada coa actuación dunha das mellores regueifeiras de Galicia, que tamén fará un percorrido polas rúas. O lugar da entrega comunicarase en tempo e forma aos finalistas e tamén se difundirá en prensa e redes sociais.

DATOS PERSOAIS DOS PARTICIPANTES

Os datos facilitados polos participantes deberán ser veraces. En caso de falsidade, serían apartados do sorteo. Se a organización que convoca o concurso ou calquera outra entidade que estea ligada profesionalmente á presente promoción detecta calquera anomalía ou sospeita que un participante está impedindo o normal desenvolvemento da promoción, alterando ilegalmente o seu rexistro ou a súa nominación mediante calquera procedemento poderán, de forma unilateral, eliminar a participación de dita persoa.

RESERVAS E LIMITACIÓNS

A Asociación Empresarial de Valdeorras, queda eximida de calquera responsabilidade no suposto de existir algún erro nos datos facilitados polos propios agraciados, que impedira a súa identificación. Reservase o dereito a efectuar cambios que redunden no bo fin do concurso cando concorra causa xusta ou motivos de forza maior que impidan levala a termo na forma en que recollen as presentes bases.  Reservase o dereito a aprazar ou ampliar o período do concurso, así como a facultade de interpretar as presentes bases. Quedará exenta de toda responsabilidade se concorre algún dos casos sinalados, así como de calquera responsabilidade polos danos e perxuízos que puidesen ocasionarse durante o goce do premio ou que puidera causar o propio premio. 

PROTECCIÓN DE DATOS

De conformidade  co RGPD (UE) 2016/679 informase que o responsable dos seus datos é AEVA, con domicilio en Praza do Concello, 1, 32300 O Barco de Valdeorras, Ourense. A finalidade do uso dos datos é a xestión do II Concurso de Maridanza Gastromímate, unha ponte de sabores. A lexitimación do uso dos seus datos está baseada no consentimento do interesado. Non se cederán datos a terceiros, agás obriga  legal. Pode acceder, rectificar e suprimir os datos, así como outros dereitos, como se especifica na información adicional que pode consultar en www.empresariosdevaldeorras.com/aeva/aviso-legal/   

PROPIEDADE INTELECTUAL E CESIÓN DE IMAXE

Os participantes consenten de forma expresa que o seu nome e apelidos podan publicarse nos medios de comunicación en caso de ser agraciado co premio. A participación no  concurso supón a cesión e autorización expresa de todos os dereitos de propiedade intelectual e de imaxe, de xeito que o participante cede a AEVA os dereitos de explotación de natureza intelectual, industrial e/ou de imaxe que puideran corresponderlle de forma indefinida. O gañador do sorteo autoriza de forma expresa a AEVA a reproducir e utilizar o seu nome e apelidos en calquera actividade publicitaria promocional relacionada co sorteo no que resulte gañador (ou simplemente para actividades publicitaria promocionais de AEVA ou a súa páxina web), a través dos medios de comunicación legais (na web, Facebook, Twitter, Instagram, LinkedIn…) sen que esta utilización lle outorgue dereito de remuneración ou beneficio algún, agás a entrega do premio gañado. A cesión da imaxe  para a finalidade descrita faise  on carácter indefinido. 

ACEPTACIÓN DAS BASES

A simple participación no sorteo e a aceptación do premio implica a aceptación destas bases legais, polo que a manifestación de non aceptación da totalidade ou parte das mesmas implicará a exclusión do participante e como consecuencia de elo, AEVA quedará liberada do cumprimento da obriga contraída con dito participante.

Valdeorras, 22 de novembro de 2022

Información sobre Cookies

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para recopilar información que ayude a optimizar su navegación web. No se utilizan cookies para recoger información de carácter personal. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información o conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de Cookies.