AEVA renderá homenaxe póstumo a Carlos Terán e Santiago Melo, que foron presidentes da entidade

lunes, 13 de septiembre de 2021

Será un acto aberto ao público que se celebrará o 18 de setembro na praza José Otero do Barco

Dende a Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) estanse a ultimar os detalles dun acto público de recoñecemento aos que foron presidentes desta organización, Carlos Terán Díaz (entre os anos 1990 e 1992, o primeiro presidente) e Santiago Melo Moreno (ntre os anos 2000 e 2008).

O acto celebrarase o vindeiro sábado, día 18 de setembro, ás 20:30 horas, na praza José Otero, e a asistencia é aberta ao público xeral.

A organización deste evento responde o acordo adoptado pola Xunta Directiva de AEVA en sesión celebrada o día 13 de maio de 2021, e “servirá para facer público o recoñecemento do sector empresarial, e da cidadanía en xeral, ao traballo e á implicación de ambos en todos os proxectos que tiveron que ver co desenvolvemento e o benestar da comarca de Valdeorras”, tal e como asegura a asociación.

Tamén serán lembrados “polo seu espírito emprendedor, pola súa calidade humana e por apostar pola unión dun sector empresarial dinámico e competitivo, así como por lograr a consolidación de AEVA. Carlos e Santiago deixaron pegada na historia da asociación”, destaca AEVA.

Así mesmo, esta organización empresarial matiza que a “celebración do acto nun espazo público tamén forma parte do que sería desexo de ambos, tratando de dinamizar o ambiente na rúa e de apoiar ao sector hostaleiro, tan afectado polas restricións derivadas da situación sanitaria”.

Fuente: O Sil

Enlace: AEVA renderá homenaxe póstumo a Carlos Terán e Santiago Melo, que foron presidentes da entidade (osil.info)


Comparte la Noticia


Información sobre Cookies

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para recopilar información que ayude a optimizar su navegación web. No se utilizan cookies para recoger información de carácter personal. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información o conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de Cookies.