AEVA pon o foco nas malas comunicacións de Valdeorras e na falta de conexión por bus e tren na súa asemblea

lunes, 20 de septiembre de 2021

Araceli Fernández mantense á fronte da Asociación Empresarial de Valdeorras, pero cunha xunta directiva renovada

“Grazas por renovar a confianza en min logo de catro anos”, dicía Araceli Fernández del Palacio tras resultar reelixida como presidenta da Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA), na asemblea que esta entidade celebraba no Teatro Lauro Olmo do Barco na tarde do 17 de setembro. Nesta xuntanza tamén se votaba a unha nova xunta directiva, da que forman parte novos rostros. “Conto cun equipo no que algúns repiten e outros se incorporan con ilusións renovadas. O noso compromiso seguirá sendo a aposta permanente polo sector empresarial, queda moito por facer”, resaltaba a presidenta.

Así, neste novo mandato de catro anos que agora se inicia acompañan á presidenta catro vicepresidentes (María Carmen Rodríguez, Carlos Terán, María Pilar Pérez e Carlos García), o tesoureiro Severino González e oito vogais: Jorge Álvarez, María del Carmen, Roberto Delgado, Manuel Fernández, Margarita Alejandre, Noelia Blanco, Teresa García e Miguel Ángel López. Ademais, da xunta directiva tamén forma parte como vogal o presidente do Barco Centro Comercial Aberto (CCA), Jacobo Arias.

A elección de cargos directivos era un dos puntos do orde do día desta asemblea que se iniciaba coa aprobación da acta da sesión anterior, coa ratificación das novas altas (un total de 32 dende a anterior asemblea anual), así como coa das contas e do orzamento para o 2021, así como da memoria de actividades.

Neste último apartado, a presidenta de AEVA incidía, unha vez, nun dos principais cabalos da batalla dende a creación da asociación: a situación das infraestruturas en Valdeorras. Araceli Fernández criticaba a “falta de vontade política para desenvolver a A-76”, indicando que resulta “inaceptable o retraso que sofre”. Ademais afirmaba que “é lamentable o estado de derioro da N-120, unha estrada cuxa mellora levamos anos reivindicando sen ningún éxito”. Aludía así mesmo a que as obras na estrada de circunvalación do Barco “están practicamente paralizadas por desacordos entre a administración e a empresa, á espera de que se aprobe o modificado do proxecto”.

                                         

A presidenta dos empresarios valdeorreses incidía seguidamente nos “recortes ferroviarios que vimos sufrindo”, mencionando tanto a perda de persoal na venda de billetes nas estacións como a supresión de frecuencias e mesmo de trens. “O illamento de Valdeorras e a carencia absoluta de transporte ferroviario e de autobús é un feito incontestable. As infraestruturas de comunicación non só crean riqueza, senón que a distribúen”, engadía.

Nesta intervención, Fernández del Palacio tamén lembraba a aposta pola información e o asesoramente realizado dende a asociación durante a pandemia do Covid, foi un “labor de acompañamento neste proceso de adaptación”. Nese senso, resaltaba o reto que esta situación supuxo para o empresariado, “non se trata só de sobrevivir á crise, senón de buscar oportunidades ante as dificultades e a única opción é seguir traballando xuntos”.

Amosaba o seu agradecemento á xunta directiva e aos asociados e lanzaba unha mensaxe de optimismo de cara ao futuro, botando man de datos como a creación de novas empresas en Valdeorras no 2020, un 38,3% máis que no 2019.  “É esperanzador o feito de que haxa novos investimentos e volva a haber mozos liderando proxectos e apostando por esta terra”, concluía.

 

A asemblea finalizaba co xa tradicional acto de recoñecemento ás empresas que cumpren 20 anos na asociación. Desta volta era tres: PC O Barco (cuxos representantes no puideron estar), Transportes Manuel González Macía e José Devesa SL.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Enlace: AEVA pon o foco nas malas comunicacións de Valdeorras e na falta de conexión por bus e tren na súa asemblea (osil.info)


Comparte la Noticia


Información sobre Cookies

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para recopilar información que ayude a optimizar su navegación web. No se utilizan cookies para recoger información de carácter personal. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información o conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de Cookies.