A empresa e a transformación dixital, nun taller organizado por AEVA (O Sil, Oct 2021)

miércoles, 13 de octubre de 2021

O mércores 13 de outubro comezará a impartirse no Barco o taller “Transformación dixital da empresa e estratexias innovadoras de comunicación”, promovido pola Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA).

Esta acción formativa divídese en catro fases, a través das cales, e mediante unha perspectiva eminentemente práctica, partirase da análise da situación actual das redes de cada participante para incidir na creación de contidos, as aplicacións de xestión e análise e os procedementos máis adecuados para sacar partido ás redes a través do sistema de pago e patrocinio das mesmas.

O taller ten unha duración de 16 horas que se imparte en formato on line os martes e mércores de outubro de 2021 en horario de 20:30h. a 22:30h. Está enmarcado no Proxecto AEVAempregaTE III, subvencionado pola Deputación Provincial de Ourense. A docente do curso será Beatriz Ventosinos, experta en Social Media, Deseño, Comunicación e Márketing Dixital, especializada en campañas de captación de leads a través de emailmarketing e Linkedin. Traballou para grandes marcas como Inleit Ingredients, A Piadina, Delikia, Leite Río, entre outras.

Enlace: A empresa e a transformación dixital, nun taller organizado por AEVA (osil.info)


Comparte la Noticia


Información sobre Cookies

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para recopilar información que ayude a optimizar su navegación web. No se utilizan cookies para recoger información de carácter personal. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información o conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de Cookies.