O Concello do Barco, AEVA e o CCA Barco poñen en marcha “A Tapiña dos Xoves”

lunes, 2 de mayo de 2022

Co fin de promocionar e apoiar á hostalería barquense, comeza este 5 de maio A Tapiña dos Xoves, unha iniciativa do Concello do Barco, O Centro Comercial Aberto e a Asociación Empresarial de Valdeorras en colaboración con Bodegas Godeval, Bodega Roandi, Hacienda Ucediños y Bodega Cooperativa Jesús Nazareno.

Todos os xoves, de 19:30 a 22:30 horas, os hostaleiros ofrecerán diferentes tapas e pinchos culinarios cun custe de dous euros. Esta nova cita gastronómica se alargará ata o vindeiro 16 de xuño contando con 15 establecementos participantes: Alpha Raíces, Bajo 5, Cervecería 13/14, Cociña do Lar, Dulce y Salado, El Dorado, El Muro, Excalibur, La Fábrica, Makoki, O Buraco, O Chao, Pazo do Castro, Piquiño, Veira Sil.

Ademáis, esta iniciativa contará con tarxeta de participación para aqueles clientes que consumiron as tapiñas en polo menos tres establecementos diferentes. Entre os participantes, sortearanse catro ceas para dúas persoas. O sorteo realizarase o día 20 de xuño, ás 18:00 horas na sede de AEVA e os números premiados se publicarán nas páxinas web e nas redes sociais das entidades organizadoras.


Comparte la Noticia


Información sobre Cookies

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para recopilar información que ayude a optimizar su navegación web. No se utilizan cookies para recoger información de carácter personal. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información o conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de Cookies.