O vicepresidente do Circulo Empresarial Leonés (CEL) e delegado da organización empresarial no Bierzo, Silvino Abella, mostrouse rotundo ao referirse no retraso acumulado polos traballos previos ao inicio das obras da contrución da autovía A-76, que debería comunicar Ponferrada con Ourense.
Abella indicou que na visita da vicepresidencia terceira e Ministra pola Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Teresa Ribera, cando a principios de abril visitou a cidade de Ponferrada para asistir a "reinauguración" da "Térmica Cultural". O empresario ponferradino comentou que a ministra respondeu que "o seu compromiso e o do Goberno con esta zona era inequívoco": A opinión do Círculo Empresarial é moi distinta "Aquí, nesta terra, non se comprometeu naide a pesar de todo o diñeiro que saliu neste anos de Valdeorras e o Bierzo".
O vicepresidente do CEL comparte o desánimo da sociedade valdeorresa: "A nosa sensación é pésima porque non creemos que esto vaia a cambiar no curto prazo", afirmou despois de calificar o estado actual da N-120 como un "desastre absoluto".
En apenas unha semana, a presidenta de AEVA, Araceli Fernández, mostrou a súa preocupación ante o abandono da comarca en materia de infraestruturas viarias, tras coñecer que o Ministerio de Transportes, Movilidade e Axenda Urbana solo gastou 1.679 euros nos tramos ourensanos da A-76 no 2021.
Dende a Asociación de Transportistas do Bierzo, Valdeorras, Astorga e A Bañeza, o seu presidente, Antonio García Regueiro, considerou que é horroroso como está a N-120 e o pouco investimento no seu mantenemento nunha zona que consideran como marxinada.
🌐 Vínculo directo á noticia do periódico La Región