Concurso de Maios e coplas no Barco

martes, 12 de abril de 2022

O Concello do Barco de Valdeorras recupera este ano a celebración dos Maios, que quedou suspendida durante dous anos por mor da situación provocada pola pandemia da Covid-19. A concelleira de Cultura do Barco, Margarida Pizcueta, daba a presentar o seu programa, que recupera o seu formato habitual e que se celebrarán na Praza do Príncipe o domingo 1 de maio a partir das 11:30 horas.

PROGRAMACIÓN

11:30 horas: Apertura da Feira de Produtos Artesáns

12:30 horas: Actuación da agrupación "Os Coribantes" que porá a música e o baile tradicional nesta celebración.

13:30 horas: Lectura ao canto das coplas por parte dos participantes do concurso.

18:00 horas: Espectáculo a pé da rúa do mago Martín Camiña.

19:00 horas: Entrega dos premios do concursos de maios e coplas

PREMIOS

Nos concursos poden participar todas as persoas que o desexen. Para os maios establecense os seguintes premios: un primeiro premio de 300€, un segundo premio de 250€, un terceiro premio de 150€ e dous accésits de 50€.
Para as coplas, os importes dos premios serán os seguintes: un primeiro premio de 200€, un segundo premio de 100€ e dous accésits de 50€.

O premio único estipulado para os participantes na categoría de arcos florais é un lote de libros.

INSCRICIÓNS: deben realizarse nas oficinas de AEVA.

🌐 Máis información na páxina do Concello de O Barco


Comparte la Noticia


Información sobre Cookies

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para recopilar información que ayude a optimizar su navegación web. No se utilizan cookies para recoger información de carácter personal. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información o conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de Cookies.