AEVA resalta a “falta de avances nas infraestruturas” e “o gran illamento de Valdeorras”

lunes, 13 de junio de 2022

A organización empresarial celebraba a tarde do venres 10 de xuño a súa asemblea anual

A situación das infraestruturas, tanto viarias como ferroviarias, da comarca volvía centrar, un ano máis, a asemblea anual que na tarde deste venres celebraba a Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) no Hotel Monumento Pazo do Castro (O Barco). “Lamentablemente non vimos ningún avance”, resaltaba a súa presidenta, Araceli Fernández del Palacio. “Os proxectos da autovía A-76, seguen paralizados”, engadía, comentando outras históricas reivindicacións como a mellora da N-120, a construción da circunvalación do Barco ou a mellora da OU-533 (A Rúa-A Gudiña) para conectar co AVE.

“A frustración é absoluta porque nin o transcurso dos anos, nin a superación dos dilatados trámites burocráticos necesarios para poñer en marcha unha infraestrutura garante a súa normal execución porque sempre poden seguir xurdindo outros inconvintes que o impidan”, dicía a presidenta da AEVA, quen facía tamén mención específica á situación de servizos de transporte público por estrada e por ferrocarril, “cuxa calidade e frecuencia provocan o total illamento desta comarca”.

Araceli Fernández del Palacio tamén indicaba que “o mundo rural require, ademais de apoios, de moitos esforzos para cambiar a forma na que o percibe a clase dirixente porque presta un servizo á sociedade de inestimable valor que non sempre se recoñece suficientemente”. Ademais aludía ao estado da sanidade na comarca, comentando a manifestación en defensa do Hospital Público de Valdeorras celebrada o pasado novembro, apoiada por AEVA. “A pesar da repercusión desa manifestación seguimos sufrindo recortes nas especialidades do hospital comarcal e carencias nos servizos”.

Tamén se refería a presidenta de AEVA ás xestións realizadas cos concellos da comarca para que axilicen o procesión de concesión de licenzas urbanísticas, ao déficit de man de obra na comarca para cubrir vacantes ou postos de nova creación, ao programa de relevo xeracional posto en marcha pola asociación, ás iniciativas de promoción do Camiño de Inverno ou ao balance da Tarxeta +Barco, posta en marcha polo Concello en colaboración coa asociación e O Barco CCA.

Nesta asemblea os asociados de AEVA aprobaban a memoria de actividades do 2021, así como as 13 novas solicitudes de afiliación, as contas do 2021 e o orzamento para o 2022.

Na parte final da reunión rendíase unha homenaxe ás empresas que cumpren 20 anos dentro da asociación, que eran agasalladas con pin conmemorativo. Aínda que as distinguidas eran preto de vinte empresas, ao acto acudían os representantes de Pazo do Castro, Anfel Asesoría, Servicios Veterinarios del Sil, Garoba, Asesoría Asfil, Pico do Lugar, Can Can, Atlántica Saga Ourense, Studio R e Varadero.

 A clausura da asemblea corría a cargo dos emprendedores valdeorreses Daniel e Julio Brasa Blanco, fundadores de Xtudio Networks, SL, con sede na Rúa. Esta empresa está dedicada á actividade de prestación de servizos relacionados coas tecnoloxías da información e a informática, que compartían a súa experiencia e falaban da evolución do seu proxecto empresarial. Seguidamente os asistentes compartían un viño de Valdeorras.

Podes ler a noticia completa no periódico O Sil


Comparte la Noticia


Información sobre Cookies

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para recopilar información que ayude a optimizar su navegación web. No se utilizan cookies para recoger información de carácter personal. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información o conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de Cookies.