Axencia de Colocación

Conectando o talento local coas oportunidades empresariais de Valdeorras.

Na Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) somos Axencia de Colocación Oficial (Nº 1200000015), autorizada polo Servizo Público de Emprego. A nosa misión é actuar como ponte directa e eficaz entre as persoas que buscan unha oportunidade laboral e as empresas da comarca que precisan incorporar talento aos seus equipos. 

Traballamos sen ánimo de lucro co obxectivo de dinamizar o mercado de traballo en Valdeorras, promovendo un axuste rápido e de calidade entre as ofertas e as demandas de emprego locais.

Como funciona a Axencia?

  • Para quen busca emprego: A través do noso portal podes crear o teu perfil profesional, manter o teu currículo actualizado e inscribirte directamente nas ofertas de emprego activas na comarca de xeito sinxelo e rápido.
  • Para as empresas: Axudámosche a atopar o perfil profesional que mellor se adapta ás necesidades do teu negocio, xestionando o proceso de selección de xeito áxil e personalizado.

Comunidade AEVA Emprego

Ao rexistrarte na nosa Axencia de Colocación, formarás parte da nosa base de datos e recibirás semanalmente no teu correo electrónico un boletín informativo coas últimas novidades sobre:

Ofertas de emprego privado en Valdeorras

Convocatorias de emprego público autonómico e local.

Cursos e accións formativas para mellorar o teu perfil profesional.

Si necesitas información sobre la asociación, servicios, proyectos o colaboraciones, contacta con nosotros y responderemos a la mayor brevedad

Consultas comunes

Boletín

Suscríbete a nuestro boletín

AEVA
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.