Servizo de Orientación Laboral
Acompañámoste e asesorámoste para acadar as túas metas profesionais.
O Servizo de Orientación Laboral de AEVA ten como finalidade axudarche a mellorar a túa empregabilidade, optimizar a túa busca de emprego e guiarte no teu desenvolvemento profesional mediante unha atención individualizada e adaptada ao teu perfil.
Requisitos de acceso ao servizo
Para poder beneficiarte deste servizo de orientación é imprescindible estar inscrito/a no Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG) como demandante de emprego (xa sexa en situación de desemprego ou en mellora de emprego).
Como podes solicitar a túa cita con nós?
1. Derivación automática: O propio Servizo Público de Emprego pode derivarte directamente á nosa entidade.
2. Solicitude directa: Se prefires ser atendido/a en AEVA por desexo expreso, só tes que visitar a nosa oficina e cubrir un formulario de solicitude. A nosa orientadora encargarase de xestionar a túa alta directamente cos servizos centrais da Xunta de Galicia.
Servicios de orientación
Titorías individuais e personalizadas:
Analizamos o teu perfil, experiencia e obxectivos.
Deseño do teu itinerario de emprego:
Establecemos conxuntamente os pasos a seguir para atopar traballo.
Mellora dos teus instrumentos de busca:
Revisión e redacción do teu Currículum Vitae e cartas de presentación.
Preparación de entrevistas:
Consellos e técnicas para afrontar con éxito os procesos de selección.
Información sobre formación e acreditacións:
Asesoramento sobre cursos, certificados de profesionalidade e homologacións.