Castellano
Inicio
Sectores de Actividade
Automoción
Inicio
AEVA
Fondos Públicos
AEVAemprego
Axudas e Subvencións
Información Xeral
Formación
Servizo de orientación laboral
Sectores de Actividade
Foro Valdeorras Século XXI
Axenda
Infraestructuras
Notas de Prensa
Os sabores de Valdeorras
INFORMACIÓN TURÍSTICA
COMERCIANTES E HOSTALEIROS DE O BARCO OFRECERÁN INFORMACIÓN TURÍSTICA Unha vintena comerciantes e hostaleiros de O Barco exercerán como tecnicos de turismo sen sair dos seus negocios. Ese é o resumo da campaña organizada polo Concello para extender a súa rede de puntos de información (que actualmente de concentran na casa do Ríocigüeño e no Teatro Lauro Olmo) a outros establecementos, e en outros horarios. "En cantos mais sitios, mellor, e durante mais horas ao día, tamén", afonda a concelleira de turismo, Irene Daca. Para elo buscouse a colaboración do Centro Comercial Aberto e Aeva, que trasladaron a idea aos seus asociados. "Esperamos contar tamén cos quioscos do Malecón, porque é unha zona a que acoden os visitantes", engade. Todos os interesados en participar na iniciativa, están convocados a un curso que se celebrará hoxe mesmo (21/03/2012). O obxectivo é "darlles unhas pautas sobre o que teñen que dicir cando entra un turista buscando información sobre a zona", explica Dacal. Para que os foráneos podan localizar os establecementos adheridos, todos eles lucirán no seu escaparate un cartel anunciando que, ademais dos produtos á venda, pódese recibir asesoramento turístico de xeito gratuito. O MATERIAL O material que repartiran a vintena de hostaleiros e comerciantes que se unan á iniciativa é un folleto turístico editado no mes pasado polo Concello de O Barco. Manexable, pregable e de tamaño de peto, son apenas oito páxinas con varias fotografías nas que descubrir como chegar, a historia, o patrimonio, a riqueza natural, as festas e tradicións, e as excursións pola contorna. Ademais, hai un apartado especial para o casco vello, Viloira e Éntoma; e outro para o Camiño de Inverno, que para por O Barco na súa entrada en Galicia a través da comarca. O folleto inclúe tamén un mapa da comarca e un rueiro no que aparecen sinalados tamén os lugares de interese (como o hospital, a estación de tren, o campo de fútbol ou a praia fluvial). Editáronse 21.000 copias, dez mil en castelán, dez mil en galego e mil en inglés. "Queremos que chegue a canta mais xente mellor", sinala a concelleira de turismo Irene Dacal. Fonte: La Voz de Galicia
FOMENTO ADXUDICOU A REDACIÓN DO PROXECTO DA CIRCUNVALACIÓN
FOMENTO ADXUDICOU A REDACIÓN DO PROXECTO DA CIRCUNVALACIÓN Unha unión temporal de empresas, na que participa Ayesa, redactará o proxecto da construción do enlace entre as estradas N-536 e N-120, tamén conocida coma a circunvalación do Barco. O anuncio da adxudicación provisional foi realizado onte polo Alcalde do Barco, Alfredo García Rodríguez. A mesa de contratación reuniuse recentemente na Xefatura de Estradas de Galicia e, tras adxudicar inicialmenteá consultoría e asistencia técnica do proxecto, remitirá o expedente os servizos centrais do Ministerio de Fomento. Senón xurden imprevistos, os traballos poderán comezar nun prazo de tres meses, segundo cálculos do rexedor. A redación do proxecto foi adxudicada cunha baixa do 28%, o que sitúa o orzamento de adxudicación nuns 1.048.024 euros. O enlace entre as estradas N-120 e N-536 é unha obra que reclaman dende hai anos os concellos do Barco e Carballeda. Por esta infraestrutura discorre a gran maioría do tráfico do sector da pizarra, co conseguinte perigo cos numeros vehículos pesados supoñen para o resto dos vehículos. O problema agravase na vila barquense, que os trailes deben cruzar para sair a citada N-120 e abandonar a comarca. A lonxitude da futura estrada é de 5, 7 kilómetros. A memoria inicial prevé a construción de cinco viaductos, un paso superior e dous inferiores. O deseño da calzada foi calculado para unha velocidade de 80 kilómetros a hora e deberá analizar a mellora da seguridade vial dos ciclistas. La Región 16 de novembro do 2011
APOSTA POLA TECNOLOXIA
APOSTA POLA TECNOLOXíA A Asociación Empesarial de Valdeorras ,Aeva, foi creada hai 21 anos co fin de xestionar e defender os intereses dos empresarios asociados e favorecer o desenvolvemento socio económico da comarca de Valdeorras e coordinar a súas actividades coas institucións públicas e privadas a favor de lograr melloras nas insfraestruturas e inversións na zoa. Na actualidade aglutina a casi 400 empresas de sectores que abranguen dende o comercio e os servizos pasando pola construcción, os transportes e o mundo vitivínicola, entre otros. "Dende a súa creación, Aeva ha ido crezendo e logrando que se sumasen novas empresas. Ne sequera a actual crise que se esta viviendo logrou co número disminua o que demostra o bo facer da Asociación Empresarial de Valdeorras. Unha das áreas nas que fai un especial fincapie é na formación dos asociados. "Contamos cunha aula punteira tecnolóxicamente falando na que impartimos cursos de formación e reciclaxe empresarial xa que consideramos ca preparación é un elemento esencial para o futuro." En canto ós proxectos "no camiño da aposta polas novas tecnoloxías, presentamos un proxecto perante a Xunta para que, mediante unha aplicación para teléfonos móbiles, todas as empresas da asociación estiveran na rede. Deste xeito, calquera persoa que visite a comarca pode atopar un servizo cun comercio determinado dende o seu móbil. Trátase duna forma de aproveitar o turismo para dinamizar económicamente a comarca" Outras das apostas para este ano é fomentar novas ideas emprendedoras, "para elo, mediante concursos de ideas e dende as escolas e a formación en cursos queremos que xurdan novas ideas que dinamicen económicamente a zona" finaliza Javier Rodriguez. DINAMIZACION A Asociación Empresarial de Valdeorras, Aeva, abrangue a comarca de Valdeorras, situada no extremo nororiental de Ourense limítrofe con Castela-León. Ten unha extensión de 969 Km2 e os seus 30.000 habitantes repartense nos nove municipios ca integran: O Barco, O Bolo, Carballeda, Larouco, Petín, A Rúa, Rubiá, A Veiga e Vilamartín. Na Asociación atópanse representados os distintos sectores productivos implantados na comarca (comercio e servizos, construcción e obras públicas, metal, madeiras, vitivinícola, transportes, hostalaría, profesionaís e grandes empresas). A asociación Aeva traballa na elaboración coas distintas institucións públicas e privadas tanto nas actuacións que teñen que ver coa defensa dos intereses das empresas asociadas como nas labouras da organización de todo tipo de actividades na posta en marcha de proxectos a favor da dinamización, divulgación e xeración de novas actividades. Dende o ano 2009 Aeva é un centro colaborador co Servizo Público de Emprego de Galicia. La Voz de Galicia 17 de novembro do 2011
A RÚA BUSCARÁ ANIMAR AS VENTAS CUNHA FEIRA DE OPORTUNIDADES
A RÚA BUSCARÁ ANIMAR AS VENTAS CUNHA FERIA DE OPORTUNIDADES Os comercios trasladaránse o pavillón dende o 9 ó 11 Animar as compras previas o Nadal e sacar dos almacéns produtos doutras tempadas é o dobre obxectivo dos comerciantes da Rúa que andan inmersos na organización dunha feira de oportunidades. A cita será no pavillón polideportivo, "seguindo un formato parecido o feito o ano pasado", comentaba Ángeles Diéguez, da zapaería Lúa e respresentante do sector comercio na asociación empresarial de Valdeorras. E as datas na ponte de decembro. Solo que en lugar de elixir a primeira metade, nesta ocasión os días previstos para animar as compras son entre o 9 e o 11. De feito, xa teñen as instalacións reservada para as datas, segundo confirmaba o alcalde, Avelino García. A feira, que o ano pasado pechouse con máis de 3.500 visitas, é un escaparate para os comercios locais, que comparten espazo con negocios foráneos. Así, na edicción do 2010 (que tamén foi a primeira que se fixo) participaron máis de 60 expositores. Había todo tipo de artigos, unha idea que a organización quere repetir no vindeiro mes. E neso andan. "Aínda non temos pechado o número de comercios participantes" engade Dieguéz. Nesta mesma semana estánse levando acabo as reunións para pechar ó número de interesados. Neste caso prevese que sexa alto cumplindo co balance da feira do ano pasado, cando o sentir xeral era que a cita serviu "para sacar as mercadorias que na tenda van saindo moi lentas" segundo confesaba uns dos aspirantes na primeria edicción. La Voz de Galicia 17 de novembro do 2011
FOMENTO ADXUDICA A REDACCIÓN DO PROXECTO DA CARRETERA DA PIZARRA
FOMETO ADXUDICA A REDACIÓN DO PROXECTO DA PIZARRA O Ministerio investirá 1,5 millóns na elaboración do documento e na expropiación dos terreos afectados. O pasado día 8 abriuse o sobre coa oferta económica, e hai gañadora. Neste caso dous, pois é a unión de dúas firmas a que saliu gañadora no concurso para redactar o proxecto da circunvalación do Barco, tamén chamado carretera da pizarra. Así o anunciaba o alcalde, Alfredo García,que sinalaba que este era "o último punto,ahora pasa xa a adxudicación provisional" En días pasados enviouse a documentación dende a Coruña (onde se levou a termino o proceso de adxudicación) a Madrid. Será dende o Ministerio de Fomento dende onde agora se contrate o traballo. "Será de maneira provisioal para que agora a empresa entregue o resto da documentación antes de levarse a cabo a adxudicación definitivas, explicaba García. Nuns tres meses. No que respecta ós prazos o rexidor barquense consideraba que a firma do contrato non se formalizará "ata dentro de dous ou tres meses". Será pois, unha tarefa que competerá ó novo goberno, que salirá das eleccións do domingo. A empresa asxudicataria dispón dun máximo de 1,5 millóns de euros para a redación do proxecto constructivo, así como o pago das expropiacións dos terreos afectados. A nova vía busca dar unha saída ós camións da pizarra dende Sobradelo, e evitar que teñan que pasar polo casco urbano. Salirá da estrada N-536, no cruce co Millarouso. Tras cruzar o cause fluviai a través da ponte, entrará na montaña o través dun túnel para atravesar a zona do Serro e chegar ata A Veiga de Cascallá (en Rubía) onde está previsto que enlace coa futura A-76. La Voz de Galicia 16 de novembro de 2011
OS EMPRESARIOS QUEREN ABRIR O DEPÓSITO DE AUGA
OS EMPRESARIOS QUEREN ABRIR O DEPÓSITO DE AUGA As industrias da Raña abastécense da traída dende hai uns nove anos O depósito de auga construído en Vales hai uns nove anos nunca foi usado, a pesar de que o subministro de auga para o uso industrial é unha das principais carencias das industrias ubicadas no parque empresarial de A Raña, no Barco. "Estamos loitando pola auga industrial. Mentras gastamos da traída", dixo o portavoz dos industrias do polígono barquense, José Antonio Iglesias. O deposito foi construído no 2002 por Xestur-Ourense, pensando en bombear o auga do río Sil que discorre a pouco máis de 100 metros do parque empresarial. Sen embargo, nunca foi utilizado ó carecer do permiso para o bombeo. A Confederación Hidrográfica Mió-Sil afirmou onte que "a concesión esta a punto de resolverse" Engandiu coa tramitación comenzou hai dous anos, cando Xestur-Ourense presentou os documentos que lle habían solicitado. "Pediuse información ó peticionario e non a enviou", dixeron fontes do organismo xestor dos cauces fluviais. O servizo de auga industrial será aportado ó parque empresarial que ainda ten pendente de vender 23 parcelas da segunda e terceira fases, finalizadas hai máis de tres anos. A crise, os precios do solo (70 euros por metro cadrado) e o seu gran tamaño, dificulta a súa comercialización, segundo os empresarios. Xestur afirmou que "está pendente de tomarse unha decisión definitiva sobre a cuarta fase" que reservou o Barco Infraestructuras. La Region 10 de novembro 2011
Sectores de Actividade AEVA
A
|
B
|
C
|
D
|
E
|
F
|
G
|
H
|
I
|
J
|
K
|
L
|
M
|
N
|
O
|
P
|
Q
|
R
|
S
|
T
|
U
|
V
|
W
|
X
|
Y
|
Z
|
0-9
RIETER SAIFA NOROESTE S.L.U.
32350
A RÚA
Teléfono:
988 336 134
Fax:
988 336 148
<< Inicio
< Ant.
1
Seg. >
Remate >>