|
A iniciativa é do Foro Valdeorras Século XXI, integrado por formacións políticas e sociais.
A voceira do Foro Valdeorras Século XXI, Mari Carmen Rodríguez, presentaba onte acompañada de varios alcaldes e representantes de colectivos sociais a primeira guía turística desta comarca. A tirada realizada pola Deputación, de 3.000 exemplares en galego e 5.000 en castelán, poderán ampliarse, tal e como anunciaba o presidente da institución, José Luis Baltar.
Baixo o título Valdeorras, descúbrea , a guía formulase do xeral ao particular. As primeiras páxinas adícanse ao Camiño de Inverno a Santiago, os viños, a Vía Nova, Péña Trevinca e o Parque Natural da Serra da Lastra. Logo aparecen os concellos por orde alfabético, con entre seis e oito páxinas -agás O Barco que conta con doce- para resumir o aspecto patrimonial, medioambiental ou as rutas para visitar, antes de finalizar coa información útil sobre aloxamentos, restauración e teléfonos de interese. A guía péchase cun mapa desdobrable da comarca no que se marcan os puntos de interese.
Fonte: http://lavozdegalicia.es
|