CastellanoCastellano
Un marco de dinamización PDF Imprimir Correo-e

O transporte intercomarcal e o potencial turístico de Valdeorras, entre os puntos analizados polo foro na Rúa.

Image

Cando apenas faltan dous meses para que se cumpra un ano dende a súa constitución, o Foro Valdeorras Século XXI vén de facer balance das xestións e actuacións desenvolvidas pola comisión de seguemento do colectivo nos seis últimos meses. O escenario desta terceira reunión, celebrada o 19 de xuño, foi a Adega A Coroa da Rúa.

 Neste xantar de traballo estiveron representados os concellos do Barco, A Rúa, Carballeda, Petín, Vilamartín, Rubiá e A Veiga, o Consello Regulador da D.O. Valdeorras, os sindicatos UXT, CCOO e CIG, xunto con responsables das entidades empresariais AGP e Aeva, con novo presidente, Javier Rodríguez, se incorporou ó foro.

“Fundamentalmente somos unha asemblea que recolle gran parte de todos os sectores sociais da bisbarra”, lembraba na rolda de prensa posterior á reunión, o alcalde anfitrión nesta ocasión, José Vicente Solarat, “e dentro da nosa modestia o que estamos facendo é unha diágnose, pero non dun ser enfermo, senón dun ser vivo e puxante: Valdeorras.

É con toda probabilidade unha comarca fundamental, en Ourense, pero tamén en Galicia e nestas reunións o que tratamos de abordar é non só o que somos, senón as posibilidades que temos e por iso nos xuntamos periodicamente”.

O alcalde rues destacaba que esta entidade non é un órgano de decisión, “senón de reflexión para logo estimular a medios de comunicación, responsables políticos e sociais e á cidadanía en xeral que son os chamados a ser os beneficiarios do que aquí se plantexa”

Fonte: http://www.osil.info/

 

 

Notas de Prensa Foro Valdeorras Século XXI