CastellanoCastellano
Inicio arrow Foro Valdeorras Século XXI arrow Notas de Prensa arrow Pérez Bouza reúnese co Foro Valdorras.
Pérez Bouza reúnese co Foro Valdorras. PDF Imprimir Correo-e

O Foro Valdeorras plantexaron on problemas da comarca.

O senador do BNG por designación autonómica, Xosé Manuel Pérez Bouza, achegouse ata Valdeorras para reunirse cos membros do Foro Valdeorras Século XXI, que lle trasladaron os problemas da comarca e as inciiativas que queren poñer en marcha para potenciala. O senador calificou esta xuntanza como moi positiva e produtiva, e nela plantexáronselle tres cuestións importantes para Valdeorras. As infraestructuras foron a primeira delas e Pérez Bouza comprometeuse a "recoller as reivindicacións" e a trasladalas ós organismos competentes.

Segundo o senador, a situación que vive a comarca "está peor que hai 40 anos" e as comunicacións "son fundamentais para o desenvolvemento económico, polo que " manifestou,  "seguiremos insistindo".Tamén indicou o nacionalista que "pediremos que se axilicen os trámites, tanto da A-76 como da estrada de circunvalación que unirá a N-536 coa N-120.

Outro dos temas achegados polo Foro Valdeorras ó senador foron os problemas dos sectores produtivos da comarca, principalmente da lousa. Representantes do sector trasladáronlle as dificultades que teñen para colocar os produtos no mercado exterior e demandaron campañas de promoción de calidade do produto.

O Viño tamén estivo presente e apostouse por unha reforma clara das denominacións de orixe e unha defensa desta producción frente a outras de menor calidade.

Tamén se afondou na potencialización do sector turístico para que "sexa complemento de actividade económica" e entre as actuacións a desenvolver Pérez Bouza destacou "o Plan de Actuación da Vía Nova e todo o que ten ó redor".

O senador tamén trasladou ó Foro cuentións nas que se debe seguir facendo fincapé como "o Plan de recuperaión das escombreiras, que debe seguir avanzando" ou "a merma de ingresos polo descenso das valoracións que fixo o catastro dos encoros" e manifstou que se pedirá que "se articule un fondo que palíe esta merma". Asemade referíuse á petición dunha moratoria " para que non haxa máis autorizamentos hidráulicos porque as concas non poden soportar maís encoros". Unha medida que, dixo, "vai en contra da defensa do medio e do turismo".

Fonte: http://www.osil.info

 

 

 

Notas de Prensa Foro Valdeorras Século XXI