Formación Ano 2011


   CastellanoCastellano
Inicio arrow Foro Valdeorras Século XXI arrow Notas de Prensa arrow Os pizarristas estiman que o sector perdeu 800 empleos dende o comezo da crise
Os pizarristas estiman que o sector perdeu 800 empleos dende o comezo da crise PDF Imprimir Correo-e

Os pizarristas estiman que o sector perdeu 800 empregos dende o inicio da crise económico financeira. Este dato foi exposto polo presidente de Asociación Galega de Pizarristas, Jesús Vidal, ao senador do BNG, Xosé Manuel Pérez Bouza, na reunión que mantivo co “Foro Valdeorras Século XXI”, que forman diferentes colectivos da bisbarra. Os pizarristas solicitaron atrasar cinco anos o prazo fixado para que realicen investimentos as empresas acollidas ao programa de beneficios fiscais da minería.

 

O sector da lousa perdeu 800 empregos directos dende setembro de 2007. Este dato anunciouno onte o presidente de Asociación Galega de Pizarristas, Jesús Vidal, na reunión que unha representación do “Foro Valdeorras Século XXI” mantivo co senador do BNG, Xosé Manuel Pérez Bouza.Segundo as estimacións que manexan os pizarristas, o descenso do 20% que rexistraron as exportacións no 2008 foi amplamente superado no primeiro trimestre do presente exercicio. Segundo os cálculos dos empresarios, neste período as vendas no exterior reducíronse nun 40%.

Estes malos datos confirmounos o presidente de Asociación Galega de Pizarristas, Jesús Vidal, quen aproveitou a ocasión para pedir ao senador nacionalista que reclame unha moratoria de cinco anos nos investimentos que deben realizar as louseiras que se acolleron aos beneficios fiscais do sector mineiro.

Un programa do Goberno central exime as empresas mineras dos impostos correspondentes ás cantidades que destinen aos investimentos, aínda que fixa un prazo de 10 anos para realizalas. A medida busca que as empresas poidan traballar despois de esgotarse o depósito.

“Hai dez anos, a situación era distinta, non había esta crise. Nestes intres, ás empresas non están para facer investimentos”, dixo Jesús Vidal. Engadiu que se non se consegue a moratoria moitas louseiras deberán aboar os impostos acumulados nos 10 anos máis os xuros de mora deste período.

Xosé Manuel Pérez Bouza afirmou que levará esta inquietude a Madrid. “Formularemos a súa proposta ás Cortes”. Ademais, o senador nacionalista tamén indicou que “pediremos ao Goberno que fagan campaña no extranxeiro”.

Os nacionalistas avalan  a Área Sanitaria de Valdeorras

A reunión de Xosé Manuel Pérez Bouza co “Foro Valdeorras Século XXI” desenvolveuse na Casa Riocigüeño do Barco, e acudiu unha representación do colectivo empresarial da bisbarra.

Na cita non só se falou dos problemas da lousa, pois os nacionalistas tamén confirmaron o seu apoio á Área Sanitaria de Valdeorras, ao igual que realizou esta fin de semana a deputada do PSOE, María del Carmen Acuña.

O senador nacionalista deixou clara a aposta do BNG polo sector vitivinícola e, máis concretamente, polas denominacións de orixe. En referencia ao sector turístico, os asistentes á reunión avogaron pola necesidade de promover o aproveitamento turístico da Vía Nova, en colaboración coa Xunta de Castilla-León e Portugal. José Manuel Pérez Bouza confirmou a súa intención de “solicitar un plan integral para a recuperación da Vía Nova”.

Unha vez máis, foron postas sobre a mesa as carencias da bisbarra en materia de comunicacións. “En materia ferroviaria estamos peor que hai 40 anos”, afirmou o senador, que tamén urxirá a construción da futura autovía Ponferrada-Ourense (A-76).

ASISTENTES

Á reunión acudiron representantes de Asociación Empresarial de Valdeorras, Asociación Galega de Pizarristas e  a Confederación Empresarial de Ourense.

O senador nacionalista estivo acompañado polos concelleiros do BNG en O Barco, A Rúa e Vilamartín, ademais do coordinador comarcal.

Fonte: http://laregion.es

 

Notas de Prensa Foro Valdeorras Século XXI