Formación Ano 2011


   CastellanoCastellano
Inicio arrow Foro Valdeorras Século XXI arrow Notas de Prensa arrow Os empresarios valdeorreses usarán o Foro Século XXI para pedir melloras en infraestruturas
Os empresarios valdeorreses usarán o Foro Século XXI para pedir melloras en infraestruturas PDF Imprimir Correo-e

A asociación de empresarios de Valdeorras acordou na súa asamblea a conveniencia de convocar unha nova reunión do Foro Século XXI para abordar distintos proxectos pendentes en materia de infraestruturas. Desde Aeva consideran ese organismo plural (están tamén os Concellos e os sindicatos) como a canle idónea para pedir a axilización do proxecto de construción da A-76, coñecer o estado do proxecto da circunvalación de O Barco ou o vertedoiro de residuos comarcal, entre outros temas.

Ademais, Aeva defende tamén a necesidade de obter o apoio do Foro ás xestións que promove a Asociación de Amigos do Camiño en Valdeorras para obter o recoñecemento oficial do Camiño de Inverno.

Outro dos temas falados na asemblea foi o relativo os roubos en establecementos ocorridos nas últimas semanas no oriente provincial. Os empresarios acordaron trasladar esta inquietude ás forzas de seguridade. Ademais, pedirán que se reforcen as medidas de control «para garantir a seguridade cidadá», explican desde a directiva.

Tamén analizaron os responsables de Aeva os resultados dun estudo comparativo a licitación de obra pública en 2009, referida as catro provincias galegas (a provincia só recibiu o 5% do total). Consideran que «segue habendo unha gran distancia entre o interior galego e a costa», o que significa, din, «que os nosos políticos non fixeron nada para lograr transformar esa realidade»


Fuente: La Voz de Galicia 11 de marzo do 2010

 

Notas de Prensa Foro Valdeorras Século XXI