|
Os axentes sociais urxen unha Xefatura de Garda Civil |
|
|
|
Os axentes sociais urxen unha Xefatura da Garda Civil
A subdelegación do goberno informou que a creación dun posto principal da Garda Civil en Valdeorras " atópase en estudio polo órgano competente". Esta resposta foi recollida no escrito que Camilo Ocampo remitiu ó "Foro Valdeorras Século XXI", que forman axentes sociais, asociacións e representantes políticos da comarca.
Na resposta que remitiu ó colectivo valdeorrés, o subdelgado incluiu un escrito da Comandancia da Garda Civil na provincia. Non é a primeira vez que a Subdelegación ofrece resposta, pois xa en xullo de 2010 afirmou que a petición "estaba sobre a mesa".
O colectivo pretende un posto principal da Garda Civil, similar ó existente en Carballiño, o cal contaría con postos específicos para seguridade cidadá, atención ó público e investigación. Esta reinvindicación "xurde da necesidade de dar resposta á conflictividade actual ou potencial de localidades cun claro predominio urbán, industrial ou turístico", segundo o "Foro".
|