CastellanoCastellano
Inicio arrow Foro Valdeorras Século XXI arrow Notas de Prensa arrow O Foro Valdeorras Século XXI reclama a Xestur máis solo industrial e máis barato.
O Foro Valdeorras Século XXI reclama a Xestur máis solo industrial e máis barato. PDF Imprimir Correo-e

Aportará un informe cos prezos das parcelas no Bierzo, onde oscilan entre os 6 e 56 € o metro. 

Image

As primeiras xestións realizadas dende a comisión de seguemento do Foro Valdeorras Século XXI comezan a dar os seus resultados. Así a mediados de outubro os integrantes desta comisión mantiveron unha xuntanza coa directora-xerente de Xestur Ourense, Dolores Rivero, na que lle plantexaron cuestións relativas á demanda de solo industrial en Valdeorras, á necesidade de abaratar o prezo do solo disponible e de promover solo en función das necesidades. Tamén lle comentaron a proposta de buscar unha fórmula para a xestión conxunta do solo industrial na comarca, entre outras cuestións.

Os membros da comisión de seguemento fixéronlle tamén entrega á responsable de Xestur Ourense dunha copia do documento aprobado na xuntanza do foro valdeorrés celebrada en setembro.

“En relación co parque empresarial da Raña a xerente manifestou que as parcelas resultantes das fases dúas e tres licitaranse no mes de xaneiro de 2008 e que se tratarán de axilizar ó máximo as xestións necesarias para a súa adxudicación”, segundo se informou dende a comisión.

Con respecto ó prezo das parcelas, a xerente explicou que está sen determinar, pero comprometeuse, segundo a comisión, “a trasladar á Consellería de Vivenda e Solo a inquedanza do foro en relación cos prezos do solo en Valdeorras e a competencia coa veciña comarca do Bierzo”.

Fonte: http://www.osil.info        Foto: Carlos G. Hervella

 

Notas de Prensa Foro Valdeorras Século XXI