Formación Ano 2011


   CastellanoCastellano
Inicio arrow Foro Valdeorras Século XXI arrow Notas de Prensa arrow O Foro Valdeorras Século XXI expón crear unha web comarcal
O Foro Valdeorras Século XXI expón crear unha web comarcal PDF Imprimir Correo-e
O Foro Valdeorras Século XXI expón crear unha web comarcal

Image
O colectivo de políticos, empresarios e sindicatos reuniuse onte en Fonte da Cova.
 

Antes da primavera Valdeorras contará cunha guía turística e buscará financiación para elaborar una web comarcal. Esas foron algunhas das decisións tomadas onte na segunda reunión do Foro Valdeorras Século XXI celebrada en Fonte da Cova, en Carballeda de Valdeorras. Rodeados de nieve e nunhas instalacións apenas estrenadas, políticos e empresarios, ós que se sumaron sindicatos e o Consello Regulador, fixeron balance dos catro meses de traballo deste Foro, que pretende xuntar esforzos en beneficio da comarca.


Entre o conseguido ata o de agora está o compromiso da Deputación de Ourense de financiar a elaboración desa guía turística e o do delegado de Industria de elaborar un Plan Director sobre o potencial turístico valdeorrés. Sobre esto, tanto os pizarreiros como o Consello Regulador  comprometéronse a levar material de divulgación turística da comarca a tódolos eventos nacionais e internacionais nos que participen.

O portavoz do Foro, Manuel Fernández, anunciou ademais que pedirán a Xestur que manteña aberta a venda das parcelas do polígono de A Raña, para que estén disponñbles ante futuras solicitudes unha vez concluido o prazo actual. Tamén que estudiarán unha solución para o aparcamento de camións na comarca, onde o sector do transporte é mui importante. Este Foro participará ademais da elaboración da ruta enolóxíca plantexada dende a Xunta e pedirán ao Inorde que inclúa as estacións de tren da comarca no seu plan de recuperación.

 

Fonte: http://www.lavozdegalicia.es

 

Notas de Prensa Foro Valdeorras Século XXI