CastellanoCastellano
Inicio arrow Foro Valdeorras Século XXI arrow Notas de Prensa arrow O Foro Valdeorras insistirá diante Renfe para mellorar as estacións de tren.
O Foro Valdeorras insistirá diante Renfe para mellorar as estacións de tren. PDF Imprimir Correo-e

A recuperación das estacións de tren de Valdeorras foi un dos asuntos abordados este xoves 20 de xuño polo Foro Valdeorras Século XXI, formado por empresarios, sindicatos e políticos da comarca.

O Foro Valdeorras século XXI, constituido fai un ano por representantes de varios sectores, insistirá ante Renfe para que se melloren os servizos ferroviarios e se adherirá ao proxecto de recuperación de catro estacións de tren da comarca, impulsado pola Diputación. O foro pedirá ao "Instituto ourensano de Desarrollo" que elabore un proxecto de recuperación das estacións ferroviarias de Covas e Quereño (Rubiá), Sobradelo (Carballeda) e Vilamartín.

Nun comunicado, o foro deu conta da terceira reunión mantida nunha bodega de A Rúa á que asistiron representantes dos Concello de O Barco, A Rúa, Carballeda, Petín, Vilamartín, Rubiá e A Veiga, ademais do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras, os tres principais sindicatos, partidos políticos e duas asociacións empresariais.

Os asistentes, segundo o escrito, repasaron as xestións levadas a cabo pola comisión de seguimento da reunión anterior celebrada en dicembro de 2007 e acordaron, entre outros asuntos, estudar a creación dun concurso de ideas emprendedoras para fomentar o espíritu empresarial na comarca.

Tamén se revisaron os textos da guía turística editada pola Deputación sobre a comarca de Valdeorras en galego, castelán e portugués e que será accesible también nas páxinas de internet de cada municipio.

Os asistentes deron conta de outras xestións coas que conseguiron que unha parte do parque empresarial de O Barco, destinado a vivendas sociais, se transforme en aparcamiento para vehículos pesados e outra se destinará a planta de reciclaxe para os residuos procedentes  da construción.

Fonte: http://www.laregion.es/

 

Notas de Prensa Foro Valdeorras Século XXI