CastellanoCastellano
Inicio arrow Foro Valdeorras Século XXI arrow Notas de Prensa arrow Nova asemblea en decembro en Trevinca
Nova asemblea en decembro en Trevinca PDF Imprimir Correo-e

En decembro os integrantes do Foro Valdeorras Século XXI farán balance do traballo desenvolvido nos tres meses transcurridos dende a posta en marcha desta entidade, en setembro pasado. Será no decurso dunha asamblea para a que aída non se pechou a data, pero si o lugar: O Centro de Iniciativas Turísticas Fonteda Cova en Trevinca (Carballeda de Valdeorras).

Entre as últimas xestións realizadas dende a comisión de seguimento do foro valdeorrés está unha reunión co delegado provincial da Consellería de Innovación e Industria, Xosé Antón Jardón Dacal, na que se lle entregaron as demandas específicas que se refiren á súa área de competencias e que forman parte do documento base consensuado polo foro en setembro. "O delegado amosouse moi receptivo coas propostas do foro, valorou moi positivamente a súa creación e adquiriu o compromiso de dar traslado das nosas solicitudes ós distintos departamentos das consellerías competentes"

No decurso da xuntanza, mantida o 13 de novembro en Ourense, abordáronse, entre outros temas, "a potenciación do sector turístico na comarca e para iso platexouse a necesidade de elaborar un estudo integral das posibilidades de desenvolvemento turístico de Valdeorras, así como da xestión do solo industrial, da mellora das infraestruturas e das necesidades do sector da pizarra, entre a que destacan as relativas a medio ambiente, formación, urbanismo, infraestruturas, I+D+I e promoción e imaxe do sector", tal e como se informou dende a comisión de seguemento foro.

Con respecto ó sector turístico, Xosé Antón Jardón Dacal comprometeuse a traladar ó director xeral a realización dun estudio sobre este tema, "xestión ésta que xa nos comunicou que ten sido efectuada", segundo se informa dende o foro.

Ese mesmo día 13 de novembro os representantes do foro tamén mantiveron un encontro co presidente da Deputación de Ourense. Xosé Luis Baltar, a quen lle deron tamén traslado das demandas incluídas no documento base do foro. O presidente da Deputación valorou de maneira positiva a iniciativa de crear este foro para lograr o desenvolvemento e a unión de valdeorras e tamén se comprometeu a financiar economicamente a realización, edición e distribución dunha guía turística da comarca. En novembro houbo ademais unha reunión co deputado nacional do PP no congreso, Celso Delgado Arce, para informarlle acerca do proxento do foro.

Asemade coincidindo coa visita da conselleira de Vivenda e Solo ó Barco, os representantes do foro valdeorrés entregáronlle un documento no que se recollen as súas demandas, que xa lle foran transmitidas á consellería a través da xerente  de Xestur Ourense coa que o foro se reuniu xa en outubro.

Fonte: http://osil.info/

 

Notas de Prensa Foro Valdeorras Século XXI