|
Necesidad do Consorcio de Turismo |
|
|
|
O presidente dos empresarios remarca a "necesidade" de que o novo ente salga adiante
O presidente da asociación de empresarios de Valdeorras (Aeva), Javier
Rodríguez Paradelo, móstrase convencido de que os problemas que xurdiron
entre PSOE e PP non serán impedimento para chegar a un acordo e
constituír o Consorcio de Turismo. «Como en calquera asociación, hai que
sentar as bases, e cando estean sentadas estou seguro de que se vai a
facer», aseguraba.
Considera que é unha cuestión de diálogo, que cre que non será difícil
de conseguir entre os alcaldes porque «o foro Século XXI demostra que
sempre houbo unión» entre eles. Considera que o problema se cingue a que
«terán que acordar os estatutos, e estou seguro de que unha vez que os
aproben seguirán sen problema ningún». O presidente dos empresarios fai
fincapé tamén en que se trata de «un ente moi necesario». «É necesario,
ten que saír», aseguraba. «E no que eu coñezo do foro, os alcaldes
demostraron que por Valdeorras sempre hai unión, e creo que neste caso
vai habela».
Iso si, a unión que hai no foro (que compoñen tamén sindicatos e
asociacións) albíscase máis fácil ao non ser un ente que xestiona
diñeiro para investimentos. De feito, unicamente é un espazo de
reflexión que se reúne apenas tres veces ao ano para analizar as
necesidades da comarca e tratar de axuntar esforzos para reclamar unidos
ante as Administracións.
|