|
Esperando polo novo plan de infraestructuras |
|
|
|
|
Esperando a que José Blanco explique o novo plan de infraestructuras antes de volver reunirse
A reunión de onte era a primeira da reactivada plataforma prol autovía,
reunida por unha convocatoria da asociación de empresarios de Valdeorras
seguindo o decidido polos integrantes do foro Valdeorras século XXI.
Nela decidiuse o envío do escrito a Fomento (que se fará esta mesma
semana, probablemente, segundo díxose tamén) e tamén se pospuxo a
convocatoria dunha segunda reunión á espera de que o ministro de Fomento
dea a coñecer o novo plan de infraestruturas. «Será despois cando
teñamos que ver en que aspectos fomos atendidos e en cales non, se é que
nalgún non, para ver que seguimos reivindicando», explicaba o rexedor
barquense, Alfredo García.
|