|
A desaceleración afecta ao chan da Raña |
|
|
|
|
Os empresarios do Foro Valdeorras Século XXI atribuíron á “desaceleración económica” a baixa demanda de parcelas na ampliación do parque empresarial de A Raña. Indicaron ao delegado de Vivenda e Solo que “o prezo fixado, 70 euros por metro cadrado, non é excesivamente caro”.
Unha representación de empresarios do Foro Valdeorras Século XXI indicou ao delegado de Vivenda e Solo, Antucho Espinosa, que a “desaceleración económica” é a causante da baixa demanda de parcelas na ampliación do parque empresarial de A Raña. Tamén “recoñeceron que o prezo fixado, 70 euros por metro cadrado, non é excesivamente caro”, según anunciou a consellería que dirixe a nacionalista Teresa Táboas.
Este organismo recepcionará a urbanización da segunda e terceira fases do parque empresarial de O Barco o 29 de febrero, data que marcará o inicio da firma dos contratos de adquisición de parcelas coas cinco empresas solicitantes.
A obra costou 4.187.222 euros e permitiu ofertar 117.946 metros cadrados de chan, do que segue dispoñible un 78%.
Fonte: http://www.laregion.es/
|