|
OS EMPRESARIOS QUEREN ABRIR O DEPÓSITO DE AUGA
As industrias da Raña abastécense da traída dende hai uns nove anos
O depósito de auga construído en Vales hai uns nove anos nunca foi usado, a pesar de que o subministro de auga para o uso industrial é unha das principais carencias das industrias ubicadas no parque empresarial de A Raña, no Barco. "Estamos loitando pola auga industrial. Mentras gastamos da traída", dixo o portavoz dos industrias do polígono barquense, José Antonio Iglesias.
O deposito foi construído no 2002 por Xestur-Ourense, pensando en bombear o auga do río Sil que discorre a pouco máis de 100 metros do parque empresarial. Sen embargo, nunca foi utilizado ó carecer do permiso para o bombeo.
A Confederación Hidrográfica Mió-Sil afirmou onte que "a concesión esta a punto de resolverse" Engandiu coa tramitación comenzou hai dous anos, cando Xestur-Ourense presentou os documentos que lle habían solicitado. "Pediuse información ó peticionario e non a enviou", dixeron fontes do organismo xestor dos cauces fluviais.
O servizo de auga industrial será aportado ó parque empresarial que ainda ten pendente de vender 23 parcelas da segunda e terceira fases, finalizadas hai máis de tres anos. A crise, os precios do solo (70 euros por metro cadrado) e o seu gran tamaño, dificulta a súa comercialización, segundo os empresarios. Xestur afirmou que "está pendente de tomarse unha decisión definitiva sobre a cuarta fase" que reservou o Barco Infraestructuras.
La Region 10 de novembro 2011
|