CastellanoCastellano
Inicio arrow Sectores de Actividade
Os empresarios acercan sus servicios os industriais rueses cunha nova oficina PDF Imprimir Correo-e
La Región 8 de decembro de 2009

Unha oficina aberta en dependencias municipais ofrecerá información aos empresarios da Rúa, nunha iniciativa da Asociación Empresarial de Valdeorras.

Os empresarios rueses disporán en breve dunha oficina de información. A iniciativa partiu da Asociación Empresarial de Valdeorras (Aeva), que preside Javier Rodríguez. Este colectivo evitará os desprazamentos dos asociados do concello rues ata a sede barquense da entidade abrindo unha delegación na localidade da Rúa.

As dependencias foron cedidas polo Concello que dirixe Luis Fernández Gudiña e serán inaugurada mañá, mércores. Unha empregada de Aeva desprazarase periodicamente ata a nova oficina para atender as peticións que realicen os industriais rueses.

Con motivo da inauguración do local, o colectivo convocou unha reunión cos empresarios da Rúa, que se desenvolverá mañá, a partir das 20.00 horas, no salón de plenos do Consistorio. A patronal valdeorresa aproveitar a cita para informar sobre os servizos que presta e das propostas de actuación que manexa.

Fonte:

http://www.laregion.es/