CastellanoCastellano
Inicio
O Sil, xullo de 2009 PDF Imprimir Correo-e

A Asociación Empresarial de Valdeorras conta con 233 asociados no Barco 

Unindo Concellos

Nas épocas de reaxuste económico é cando as asociacións deben esforzarse especialmente e traballar en conxunto con novas inciativas.Con este plantexamento AEVA (asociación creada en 1990) pon en marcha un proxecto co fin de aunar esforzos e lograr que os seus asociados e, en xeral,a sociedade valdeorresa saia fortalecida deste momento actual de crise económica.

Para tal fin creouse un novo logotipo e o slogan "O río que nos une", cos que se pretende facer partícipes desta proposta aos empresarios que forman esta asociación e aos municipios que integran Valdeorras. O río Sil une, a través da súa conca, as diferentes poboacións desta comarca do oriente ourensán, que se caracteriza por ser unha das máis dinámicas socioeconomicamente da provincia de Ourense.

Este proxecto de AEVA, que se inicia neste número de xullo, fará un percorrido por cada un dos municipios valdeorreses, comezando polo Barco. Incluirá unha reportaxe e a publicación dun póster. É un xeito de dar coñecer a nosa estructura económica e loitar de forma conxunta pola nosa poboación e polo seu desevolvemento. 

unindo-comarcas.jpg

O 30 de marzo de 1990 constituíase en asemblea xeral a Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA). Nacía coa pretensión de representar, xestionar, fomentar e defender os intereses empresariais transmitidos á sociedade valdeorresa a importancia das empresas para a comarca.

A entidade xurdía tamén coa vocación de realizar propostas que repercutan no crecemento económico e na xeración de emprego na comarca e de coordinar as súas actividades con institucións públicas e privadas a favor da consecución de mellores infraestruturas e inversións en Valdeorras.

Na asociación están representados os diferentes sectores produtivos implantados en Valdeorras: comercio e servicios, hostalaría, metal, construción e obras públicas, transporte, vitivinícola, madeira, pizarra, profesionais e grandes empresas. Todos eles están representados na xunta directiva desta entidade, que na actualidade conta con 305 empresas asociadas. A xunta directiva de AEVA está integrada por un total de 16 persoas ao fronte das cales está, dende hai un ano, Javier Rodríguez Paradelo.

Asemade AEVA traballa en colaboración coas distintas institucións públicas e privadas como son Concellos, Fundación Comarcal de Valdeorras, Asociación Galega de Pizarristas, Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras, asociacións empresariais sectoriais de ámbito provincial...

Dende a asociación, con sede na rúa España do Barco de Valdeorras, ofrécense aos seus asociados unha serie de servizos a través dos departamentos: Económico, de Formación e Emprego, o Xurídico, de Promoción Exterior, de Prevención de Riscos Laborais e o de Calidade.

Do conxunto de empresas integradas en AEVA, unha boa parte (un total de 233) están implantadas na cabeceira da comarca de Valdeorras: o concello do Barco. Ademais neste municipio hai representación en todas as áreas de actividade que engloba a entidade, sendo a do sector comercio/servizos a de maior importancia cun total de 115 asociados. Tamén teñen unha presenza destacada dentro das empresas barquenses asociada a AEVA, os sectores da construcción e da hostalaría.

Estes datos reflexan asemade o dinamismo socioeconómico dun concello de 86 km2 que constitúe o referente poboacional do oriente ourensán, cun ceso de habitantes 14.040 habitantes (6.960 homes e 7.080 mulleres), segundo os datos do INE a 1 de xaneiro de 2008.Dese total de habitantes, 1.189 son de orixe estranxeira, segundo os datos do IGE (ano 2007).

Tamén salientables son as cifras de demografía empresarial do Barco cun total 1.117 empresas (110 pertenecentes á industria, 231 á construción e 776 ao sector servicios), segundo os datos últimos publicados pola Confederación Empresarial de Ourense (CEO) no informe "Ourense en cifras 2007"

Outro dato a ter en conta é o do destacado parque móbil deste municipio valdeorrés con 9.048 vehículos, segundo as cifras da CEO. Dese total, 1.998 furgonetas e camións, 11 autobuses, 6.061 turismos, 471 motocicletas, 154 tractores e industrias.

No apartado agrario, a referencia indiscuitble é producción vitivinícola, con viticultores e industrias elaboradas de viños e licores. Outro ámbito que está a xerar cada vez maior interese é o do turismo tendo en conta os recursos naturais, como é o caso do río Sil e os entornos ligados a el, e patrimoniais existentes no municipio barquense e tamén na comarca. Tamén salientable e a súa estrutura hostaleira que segue medrando e diversificándose. Unha oferta que se completa cun sector comercio de calidade, innovador e moi dinámico, que sen dúbida é tamén un reclamo para os visitantes que se achegan ata Valdeorras.

Fonte:http://www.osil.info/

 
 

Boletín de Noticias