CastellanoCastellano
Inicio
O Sil, xuño de 2009 PDF Imprimir Correo-e
VIII Foro de Inversores BANG.

No encontro homenaxeouse ó empresario vadeorrés Honorato López Isla.

Un total de seis proxectos foron presentados no VIII Foro de Inversores da Rede BANG que organizou no Barco a Confederación de Empresarios de Ourense (CEO) coa colaboración da Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA). O obxectivo deste foro é ofrecer a oportunidade a un grupo de emprendedores de presentar as súas ideas ós inversores da rede, que poderán investir naquelas iniciatiavas nas que estean interesados.

 

Dos seis proxectos presentados catro estaban relacionados co mundo da automoción, un co medio ambiente e outro coa gastronomía, e cada un deles atopábase en diferentes estados. Mentres uns necesitaban capital de arranque, outros esperaban capital de desenvolvemento para impulsar os seus proxectos que xa están no mercado. Todos eles aplaudiron o foro, que consideraron unha boa iniciativa de apoio ós emprendedores e congratuláronse da afluencia de público asistente.

 

Nesta xornada desenvolveuse ademais o XI Foro de Emprendedores da Rede, no que dous especialistas en valoracións de plans de negocio e análisis de proxecto asesoraron a doce novos emprendedores, entre eles catro valdeorreses, sobre os seus proxectos.

 

Pero a xornada servíu tamén para facer unha homenaxe ó empresario valdeorrés Honorato López Isla, quen acaba de culminar a súa carreira profesional en Unión Fenosa. O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, encargado de clausurar o foro, amosouse "orgulloso de vir a mostrarlle os meus respetos a un empresario xove" e asegurou que "é un exemplo para todos os emprendedores galegos". Guerra sinalou ademais o segredo do empresario para chegar tan lonxe aludindo a unha frase de López Isla "as cousas da vida non se consiguen sen traballar".

 

No que respecta ó foro, o conselleiro alabou a iniciativa e manifestou que "hoxe pódes facer máis polos empresarios". Por iso, comprometeuse dende a súa consellería a "dar respostas rápidas e traballar a curto e medio prazo" para facer fronte á crise e a "redifinir os instrumentos financieiros que temos". Segundo Guerra " as empresas fanas os empresarios" e pedíulles que preparen proxectos e con eles vaian á consellería " con todo ó respecto, a chorar". No referido ós emprendedres comprometeuse o conslleiro a "financiar as boas ideas" e amosouse "disposto a escoitar e a estar próximos".

 

Pola súa parte, o homenaxeado agradeceu este recoñecemento, "especial porque o fan na miña terra" á que quixo sempre "aportar todo o que un pode ter cara a súa evolución". López Isla pedíulle ademais ó conselleiro "non que a administración saque á comarca dos seus problemas, pero si que cando se fale de Galicia se pense nesta zona" porque, sinalou "temos que poñernos no mapa".

 

Ó VIII Foro de Inversores tamén asistiron o director xeral e Promoción e Emprego, Andrés Hermida, que inaugurou o acto aludindo ás liñas que o seu departamento vai poñer en marcha e que pasan polo desenvolvemento tecnolóxico, o fomento das TIC´s, a calidade empresarial, o acceso á financiación e o apoio a internacionalización. Tamén estiveron presentes o presidente de AEVA, Javier Rodríguez, que destacou a importancia do foro para Valdeorras, e o presidente e o vicepresidente da CEO, Francisco Rodríguez e Santiago Melo, respectivamente.

 

Fonte: http://www.osil.info

 
 

Boletín de Noticias