|
A Asociación Empresarial de Valdeorras pon en marcha a campaña de Nadal 2008
O 9 de decembro botaba a a andar a campaña de Nadal da Asociación de Empresarios de Valdeorras. Unha campaña que se facía visible en diferentes puntos da comarca como A Rúa, Vilamartín, Rubiá ou O Barco, o día 13 coa primeira das actividades de animación: a música dunha charanga percorrendo as rúas máis céntricas e comerciais das vilas.
Outras das actividades programadas dende AEVA está dirixida á poboación infantil. O 20 de decembro celebrarase o taller de circo "Malabarista a pista" no pavillón vello do Barco a partires das 17:00 horas e o 27 de decembro na rúa Miguel de Cervantes de A Rúa (no antigo supermercado Cenco).
Os anuncios en diferentes medios de comunicación e a apertura pola tarde os sábados 13, 20 e 27 de decembro e de xaneiro, completan a oferta do sector empresarial valdeorrés para as datas de Nadal, que ten no sorteo de talóns de compra por valor de 4.500 euros o punto forte, como un premio á fidelidades dos consumidores que fagan as súas compras en Valdeorras.
O sorteo estrela de AEVA consiste nun talón de compra por importe de 1.200 euros que se entregará en 12 mensualidades por importe de 100 euros. Deste xeito, mercar en Valdeorras ten premio e cada establecemento integrado na asociación empresarial que particia na campaña de Nadal 2008, repartirá entre os seus clientes papeletas para participar no sorteo dos preimios anteriormente mencionados e que se celebrará ante notario, o día 12 de xaneiro de 2009 nas oficinas da Asociación, no segundo andar do concello do Barco de Valdeorras.
Os agraciados disporán de quince días naturais para aceptar o premio, cuxo prazo rematará o 27 de xaneiro. Posteriormente AEVA organizará un acto no que se fará entrega dos premio. Ese día entregarase a cada un dos agracidos un talón polo importe co que resultara premiado, no que figurarán os establecementos que participan na campaña, nos que poderán investir ditos importes, para que terán un prazo de tres meses a contar dende a data de celebración da festa, agas o premio de 1.200 euros que se irá entregando durante doce meses para investir no mes indicado no talón.
E se os clientes de AEVA se van ver beneficiados por mercar en Valdeorras os propios establecementos teñen o seu recoñecemento. Alomenos os que deciden participar no concurso de escapartes que se organiza en colaboración coa Cámara Oficial de Comercio e Industria de Ourense (para o que deberá haber un mínimo de oito establecementos participantes por vila). O tema a desenvolver será alegórico ó ambiente de Nadal deixando total liberdade en canto a técnica e estilo valorándose a modernidade, a creatividade, a iluminación e a exposición do produto.
Os premios do concurso consisten en 200 euros para o primeiro, 150 para o segundo e 100 para o terceiro, ademais dun diploma acreditativo da distinción.
A parte dos premios en metálico, sortearse unha estancia para duas persoas outorgado por Hoteis e Balnearios Caldaria, entre tódolos participantes no IX Concurso de Escaparates de Nadal da provincia de Ourense. O sorteo celerarase publicamente no acto oficial de entrega de premios o 19 de decembro ás 21:00 horas no salón de actos da Cámara de Comercio de Ourense.
|