CastellanoCastellano
Inicio
O Sil, Agosto 2009 PDF Imprimir Correo-e
Encontro de Asociacións no Carballiño.

O centro comarcal do Carballiño acolleu o 11 de xullo o segundo encontro de asociacións comarcais da provincia de Ourense que organiza a Confederación de Empresarios da provincia (CEO).

En total, 15 entidades de empresarios e comerciantes integradas na CEO participaron nesta reunión, entre elas a Asociación de Empresarios de Valdeorras (AEVA), que representou o seu vicepresidente Santiago Melo.

Nesta reunión aprobouse o informe elaborado polas ascociacións no seu primeiro encontro e que trasladarán ás administracións para que coñezan as súas reivindicacións. Nel preséntase as carencias e necesidades de cada comarca e que , consideran, restan competitividade ao su tecido empresarial. Asemade, reivindican unha , maior actividade no sector turístico, en solo industrial e en tecnoloxías da información. O encontro servíu de campañas conxuntas.

Noutra orde  de cousas, a Deputación de Ourense, a través de programas Delorur, achegou a 34 establecementos de AEVA un total de 134.838 euros destinados a mellora e modernización dos seus servizos. As inversións que realizarán os comerciantes van dende obras de construción, reforma ou ampliacións dos locais á adquisición de equipamento, como mobiliario ou software para a xestión comercial, TPV´s ou sintemas antirroubo, entre outros.

Fuente:http://www.osil.info/

 
 

Boletín de Noticias