CastellanoCastellano
Inicio
O Sil, agosto 2009 PDF Imprimir Correo-e

A Rúa, cunha importante presenza na Asociación Empresarial de Valdeorras.

Un eixo comarcal

O río Sil une a través da súa conca ás diferentes poboacións de Valdeorras. De aí o slogan "O río que nos une" co que botaba andar o pasado mes un proxecto promovido pola Asociación Empresarial de Valdeorras e que pretende achegar ós cidadáns á realidade socioeconómica dos municipios que integran esta comarca, unha das máis dinámicas da provincia de Ourense, co fin de que coñezan a súa estrutura e loiten de maneiraconxunta polo seu desenvolvemento. Neste novo paso da iniciativa, a mirada ponse no municipio da Rúa, a segunda poboación en importancia de Valdeorras. Así publicamos neste número de agosto un póster cunha panorámica desta localidade e unha reportaxe sobre a mesma.

poster-arua-portada-color.jpg

O ámbito de actuación da Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) é esta comarca ourensá, porta de entrada a Galicia dende a Meseta. Valdeorras, cunha extensión de 969 km2 e cunha poboación de ao redor de 30.000 habitantes, está formada por un total de nove municipios: O Barco, O Bolo, Carballeda, Larouco, Petín, A Rúa, Rubiá, A Veiga e Vilamartín. A segunda poboación en importancia da comarca, despois do Barco, é A Rúa.

Esta localidade está encravada ao carón do encoro de San Martiño e salva as augas do Sil a través da ponte da Cigarrosa, de orixe romana, que a une co veciño concello de Petín. Está envolta nunha paisaxe marcada, especialmente, polo cultivo do viñedo e conta cun censo de 4.844 persoas, segundo os últimos datos do INE (a 1 de xaneiro de 2008).

Unha importancia social que se manifesta ademais nos datos empresariais deste municipio, no que están implantadas 395 empresas. Dentro desa cifra cobra unha especial relevancia o sector servizos con 278 empresas. Tamén salientable é o dato de empresas da construcción, unhas 77, mentres que na industria hai 40, segundo os datos publicados pola Confederación Empresarial de Ourense (CEO) en Ourense en cifras 2007.

Asemade este concello foi o emprazamento elexido pola multinacional Rieter Saifa para ubicar a sua factoría no noroeste da península, que empezou a funcionar no 2006. Este feito puxo a comarca no mapa da industria internacional do automóvil.

O peso da Rúa no marco de Valdeorras apreciase tamén no seu parque móbil que suma uns 3.811 vehículos, entre os que figuran 2.503 turismos e 833 furgonetas e camións. Esta actividade económica ten asemade o seu reflexo dentro de AEVA, xa que despois do Barco, A Rúa é o municipio con meirande número de firmas asociadas a esta entidade comarcal que preside dende xullo de 2008 Javier Rodríguez Paradelo.

AEVA constituíuse nunha asemblea xeral celebrada o 30 de marzo de 1990 co obxectivo de representar, xestionar e defender os intereses dos empresarios asociados, dos cales boa parte están instalados na Rúa. Na asociación teñen representación na súa xunta directiva todos os sectores produtivos existentes na comarca: comercio e servizos, hostelería, metal, construcción e obras públicas, transporte, vitivinícola, madeira, pizarra, profesionais e grandes empresas.

Boa parte das empresas ruesas asociadas á esta entidade empresarial pertencen ao sector comercio e de servizos, aínda que tamén hai representación de firmas do transporte, da hostalaría, da madeira e do ámbito vitivinícola.

AEVA vén apostando xa dende a súa creación por favorecer o desenvolvemento socioeconómico de Valdeorras e coordina as súas actividades con institucións públicas e privadas a favor da consecucións de mellores infraestruturas e inversións na zona. "Sempre tivo vocación de contribuír ao desenvolvemento das empresas, non soamente cunha defensa decidida dos intereses dos seus axentes económicos, tamén sendo a impulsora de actividades e accións que resulten beneficiosas non só para os que están directamente implicado nela, senón tamén para o conxunto dos cidadáns", indican dende AEVA.

Dous son os órganos de goberno nos que a entidade se apoia para desenvolver a súa actividade: a asemablea xeral e a xa citada xunta directiva. Ambos están representados e coordinados por unha presidencia e contan co apoio técnico da secretaría xeral.

Na actualidade AEVA abrangue seis departamentos nos que traballan catro persoas. As súas actividades son moi amplas e diversas. Entre elas está a de informar e asesorar sobre calquer cuestión que afecte ás empresas no ámbito laboral, fiscal, administrativo, etc, así como sobre as distintas axudas e subvencións públicas. Tamén se ocupa da organización de cursos de formación, de campañas de promoción, coordina actividades coas asociacións sectoriais de ámbito provincial, realiza xestións coa Administración para a promoción do desenvolvemento socioeconómico de Valdeorras.

Fonte:http://www.osil.info/

 

 
 

Boletín de Noticias