CastellanoCastellano
Inicio
La Voz de Galicia, 30-05-09 PDF Imprimir Correo-e
Homenaxe o bolés máis listo

Honorato López Isla recibiu onte a homenaxe dun centenar de empresarios valdeorreses que se sumaron ao acto organizado por AEVA e a CEO.


 
 Homenajea al bolés más listo

Honorato López Isla volveu a demostrar onte a súa humildade, o seu amor pola terra que lle viu medrar e a súa clarividencia empresarial. Volveu a demostrar, en definitiva, por que un rapaz procedente dun pequeno pobo de montaña do interior de Galicia logrou acadar as máis altas cotas na escalada empresarial. O home que levou sobre si cargos como conselleiro delegado de Unión Fenosa e vicepresidente primeiro da compañía, presidente da operadora R, presidente da ADP na zona Noroeste, membro do Consello de Administración de Indra, do Círculo de Empresarios, do Observatorio Empresarial de Latinoamérica, entre outros moitos, era onte simplemente «un Valdeorrés, co permiso dos boleses», matizaba.

E é que a López Isla non se lle esqueceu nunca a terra que lle viu medrar e onde o neno bolés «fixo seu  esforzo, que foi adaptarme a uns Valdeorreses que eran moi Valdeorreses e que ollaban ao bolés preguntándose como un bolés podía sacar mellores notas que os valdeorreses», segundo o mesmo lembraba entre as risas dos propios asistentes ao acto de homenaxe que organizaron a Asociación de Empresarios de Valdeorras (AEVA) e a CEO.

Honorato López Isla, que á entrada do Pazo do Castro -onde estaba previsto a homenaxe- xa confesaba que «ultimamente danme moitos, pero este é especial», insistía na súa satisfacción xa perante o centenar de empresarios que acudiu á cita. «Estou contento. Estou, de verdade, encantado. Non é fácil ter un recoñecemento no teu propio pobo, e agradame moitísimo que sexa un recoñecemento dos empresarios e nun acto dedicado aos emprendedores», dixo.

Homenaxeados de rebote

E a eles, os empresarios, dedicou moitas partes dun discurso de agradecemento, espontáneo e sen guión, no que tamén quixo facer unha homenaxe aos empresarios que el coñeceu de neno. Lembrou a Domingo Rodríguez «que me custou lembrarme do seu nome, porque para todos era o Seixo, como esa pedra dura, el tamén era a esencia do traballo, aínda recordo cando o vía marchar ás seis da mañá co seu irmán», ou a Ulpiano Rodríguez «que a min sempre me asombraba, porque tiña ideas, iniciativas e sempre falaba de moito diñeiro, e eu pensaba: non pode haber tantos millóns xuntos».

López Isla louvou o tesón deses emprendedores valdeorreses «que a min me serviron de exemplo» e quixo trasladar ese optimismo «aínda en tempo de crise» aos presentes lembrándolles que detrás dun empresario emprendedor «ten que haber esforzo, traballo, tesón e incluso xenerosidade co sector e coñecemento». Instounos a non pensar na axuda externa exclusivamente «porque a Administración pode axudar pero quen ten que sacar as cousas adiante somos nós, os empresarios, convencervos disto».

No acto, que estivo presidido polo conselleiro de Industria, Javier Guerra Fernández -quen recoñeceu o espírito empresarial do homenaxeado e o seu labor á fronte de Unión Fenosa-o vicepresidente da CEO, Santiago Melo, fixo a entrega da medalla de ouro do colectivo empresarial, e unha escultura de Xelo de Tremiñá que gustou especialmente a López Isla: «faime moita ilusión, porque Xelo foi compañeiro meu», explicou.

Fonte: http://www.lavozdegalicia.es/  

 

 
 

Boletín de Noticias