|
La Voz de Galicia 19-03-2009 |
|
|
|
|
Os empresarios de Valdeorras homenaxean a seu ex presidente.
A xunta directiva da Asociación empresarial de Valdeorras (Aeva) acordou por unanimidade (nunha reunión celebrada o día 11) render homenaxe ao que foi o seu presidente durante oito anos e ata fai apenas uns meses, Santiago Melo Moreno. O acto, que consistirá nunha cea, celebrarase o próximo sábado día 28 no Pazo do Castro barquense.
O motivo da homenaxe é «recoñecer publicamente o seu labor á fronte da asociación, e a súa dedicación e contribución á creación e funcionamento da nosa organización empresarial», explican desde Aeva. As invitacións para participar no evento están a disposición dos interesados na sede da entidade (na segunda planta do consistorio vello) ata o martes.
|